PISTACATRO PRODUCTORA DE SOÑOS
adulto | novo circo | 60 minutos
Ambientado na época actual, Impreuna é un espectáculo mergullado integramente nos códigos artísticos do circo (malabares, aéreos, acrobacias e clown), pero sen renunciar á fusión sen complexos con outras artes vivas como a danza, o teatro físico e a comedia.
O espectáculo descubre ao espectador a vida interior do circo a través das vivencias dunha troupe de sete artistas. As pequenas aventuras cotiás destes personaxes buscan facer partícipe ao público dunha viaxe polo mundo das relacións grupais.