AGADIC

Centro Dramático Galego


Ciclo Blues Nite Nadal. Adrián Costa e o maquineto

Organiza: Concello de Santiago de Compostela

O cantante e guitarrista de Los Reyes del K.O., Adrián Costa, ofrecerá unha actuación en solitario na súa cidade natal por Nadal. El e o seu "maquineto" (un vello sampler que sempre o acompaña e lle permite gravarse e regravarse co fin de que a xente baile) presentarán todas as influencias adquiridas neste últimos tres anos na súa residencia californiana.
Blues Nite é un ciclo novo que o departamento de Cultura do Concello de Santiago puxo en marcha este ano ao considerar que o blues ten forza suficiente como para ter un espazo propio na programación.


Venda entradas: Teatro Principal (de martes a sábado, de 18:00 a 21:00h)
6 € (anticipada) / 8 € (billeteira)



AGADIC Marca gráfica da Xunta de Galicia

Accesibilidade | Aviso legal