AGADIC

Centro Dramático Galego


Proxección do filme A cicatriz branca

Guión e dirección: Margarita Ledo Andión

Ao longo da primeira metade do século XX, miles de mulleres saíron soas de Galicia cara a América. Moitas delas eran ilegais, con papeis que falsificaban a súa idade e mesmo a súa identidade. Historias ordinarias como a de Merce, destinada a servir e, da noite á mañá, despedida. Sen lugar ao que ir nin ninguén a quen acudir, Merce pasa tres días e tres noites na Estación Constitución onde a súa vida se enlaza coa doutras emigrantes. Á par dun traballo na fábrica Mil8, Merce casa, asiste a clases de contabilidade nalgunha das Sociedades Galegas e un día a norma esnaquízase por algo tan simple como quedar prendada dunha situación que non sabe nomear.


Dirección de fotografía: Pablo Cayuela Miguel
Son: David Machado, Sebastián Sonzongni e Xoan Escudero
Edición: Ramiro Ledo Cordeiro
Música: Abe Rábade
Produtoras: Nós, Produtora, Cinematográfica Galega, Haddock Films e CRTVG
Elenco: Eva Veiga, Xabier Deive, Lino Braxe, Tamar Novas, Margarita Fernández, Mónica Camaño, Xoana Pintos, Clotilde Iglesias, Néstor Ageitos e Darío Ageitos
Duración: 92’

A cicatriz branca


AGADIC Marca gráfica da Xunta de Galicia

Accesibilidade | Aviso legal