AGADIC

Centro Dramático Galego


TANXARINA TÍTERES: Os Narigudos

Texto orixinal: Terry Jones
Adaptación e dirección: Cándido Pazó e Tanxarina Títeres

Programa de Festas do Apóstolo
(función no exterior do Salón Teatro)

Organiza: Concello de Santiago de Compostela
Colabora: Secretaría Xeral de Cultura e Agadic

Na illa dos Narigudos, todo son problemas. Por culpa do seu enorme nariz, bailes e namoros rematan sempre en amargas disputas. Bartolo é escollido para ir á procura da solución á casa do Chan Tanda, "o home máis sabio do mundo". Mais... Ai!... A vida está chea de tentacións. E se puidese trocar o seu nariz por un máis pequeno?

Músicos-manipuladores: Eduardo Rodríguez, Miguel Borines e Andrés Giráldez
Construción de títeres e escenografía: Tanxarina Títeres
Música orixinal: Paco Barreiro
Vestiario monecos: Belén Puentes

Técnica: monicreques de luva e variñas. Introdución musical en directo
Duración: 50 minutos
Público: Familiar. Nenos e nenas a partir de 2 anos


Narigudos


AGADIC Marca gráfica da Xunta de Galicia

Accesibilidade | Aviso legal