AGADIC

Centro Dramático Galego


VALACAR: O médico á forza

Baseada no texto de Molière
Adaptación e dirección: Arturo López

Martina, cansa de recibir os malos modos de Sganarelle, trama unha vinganza contra este. A idea é facer pasar a Sganarelle por médico sen el saber nada. Cando son requiridos os seus servizos sanitarios, Sganarelle empeza a tomar da súa propia medicina dun xeito moi pouco saudable. Tratará, pese a todo, de saír airoso da situación a través do seu inxenio.

VALACAR é un dos grupos artísticos da Asociación Cultural de Cegos e Deficientes Visuais da Coruña, e está integramente patrocinado pola ONCE.


Elenco: Marisé Vidal, Antonio Rumbo Vidal, Felipe Cotelo, Héctor Fraga Sánchez, Arturo López, Luz Míguez Baldomir, Yésica Val e Anxo Meis
Escenografía e atrezzo: Rodrigo Roel
Vestiario: Centro Dramático Galego e Teatro Galileo
Iluminación, espazo sonoro: Arturo López
Técnicos de luz e son: R.T.A.
Vídeo: R.T.A.
Duración: 60 min

o_medico_a_forza


AGADIC Marca gráfica da Xunta de Galicia

Accesibilidade | Aviso legal