AGADIC

Centro Dramático Galego


TEATRO DO AQUÍ, en coprodución co CDG: Criaturas

Dirección: Evaristo Calvo
Autoría: Roberto Vidal Bolaño

A compañía na que Roberto Vidal Bolaño desenvolveu a última parte da súa traxectoria profesional regresa aos escenarios coa reposición de Criaturas, espectáculo que trata de indagar e poñer ao descuberto o que a razón ou a civilización podían ter producido de monstruoso en nós, ou nos que nos rodean. Neses personaxes anónimos, cotiáns, cos que nos cruzamos cada día no paso de peóns, á volta da esquina, na cola do súper ou do cine, e cos que nos relacionamos con toda naturalidade. Con esa mesma naturalidade coa que aceptamos, ou mesmo consumimos, polos sen plumas, ovos sen colesterol, melóns sen pebidas ou híbridos de peladiña con boa presentación e sabor a todo e a nada.


Elenco: Belén Constenla, Marcos Orsi, Vicente de Souza, Xoán Carlos Mejuto



AGADIC Marca gráfica da Xunta de Galicia

Accesibilidade | Aviso legal