Dirección: Paloma Lugilde
Autoría: Adaptación libre de Paloma Lugilde a partir da obra de Roberto Vidal Bolaño
Neste texto, Vidal Bolaño aborda o microcosmos das urbanizacions de chalés acaroados que ocuparon a periferia das cidades galegas desde finais dos noventa. Aquí a historia comeza cando unha praga de caracois altera a pracenteira vida na urbanización e os seus habitantes unen forzas na procura de fórmulas para se enfrontar aos pequenos invasores:
Quen somos?
Propietarios!
Para que estamos aquí?
Para adestrarnos!
Con que sagrada misión?
Para mellor gardar do noso xardín!