AGADIC

Centro Dramático Galego


CDG: Días sen gloria

De Roberto Vidal Bolaño
Fefa Noia, directora

Días sen gloria, premio Rafael Dieste en 1992 e finalista dos Premios Nacionais de Literatura é, na brillante produción literaria de Roberto Vidal Bolaño, un dos seus textos máis audaces.

O relato do Camiño Francés: un territorio no que o paradigma amormorte se revela en atmosfera inquietante, como compañeiro inseparable de quen peregrina disposto a arriscalo todo. É este o vimbio central co que Vidal Bolaño construíu este xeito de road movie que conclúe no final dun oeste europeo, ao pé de Compostela. Entramentres, a aventura, o espíritu do camiño anegándoo todo, envolto de violencia e de ternura, de derrota e vellas fraternidades.


Ler máis

dias_sen_gloria


AGADIC Marca gráfica da Xunta de Galicia

Accesibilidade | Aviso legal