AGADIC

Centro Dramático Galego


TALÍA TEATRO: Pelos na lingua

Autoría: Avelino González, Séchu Sende, María Ordóñez e Artur Trillo
Dirección: Avelino González

A compañía ceense presenta a segunda parte de Bicos con lingua, un espectáculo estruturado en sketches que fala dos usos e abusos que sofre a lingua galega.

Pelos na lingua vai destinado a todo o mundo (e non esaxeramos): aos galego falantes, aos que non o son, aos que queren selo pero non se atreven, aos que si queren selo e tomaron esa determinación, aos que non o falan porque non o saben falar ben, aos que lles dá igual que se fale ou non o galego, aos que pensan que o galego é a lingua que debería falar todo o mundo, aos que pensan que debería ser o inglés o idioma que falase todo o mundo, aos que pensan que a maioría dos galegos falan castelán, aos que pensan que a maioría dos galegos falan galego, a políticos, mestres, alumnos, actores, actrices, carpinteiros, todos e todas.

Pelos na lingua acadou os premios María Casares e Max ao mellor texto teatral en galego.


Elenco: María Ordóñez, Toño Casais e Artur Trillo
Escenografía: Carlos Alonso
Maquillaxe: Martina Cambeiro
Iluminación e deseño gráfico: Dani Trillo
Fotografía: Rubén Prieto

Pelos na lingua


AGADIC Marca gráfica da Xunta de Galicia

Accesibilidade | Aviso legal