AGADIC

Centro Dramático Galego


CAIR Caídas Acrobacias Investigación Risas

Dirección: Natalia Outeiro
Elenco: Páez, Ariñe, Santi, Jano

4 artistas crean un espectáculo vaguardista e universal. CAIR móstrase ao público para ofrecer algo innovador, sorprendente e arriscado

A fusión de catro personaxes excéntricos co don de caer ben e darse golpes sen mancarse dá como resultado CAIR.

Accións sinxelas e cotiás derivan en coreografías de acrobacia excéntrica mediante golpes e caídas caóticas que contrastan con coreografías visuais e potentes de danza e malabar. A emoción e o risco súmanse ao humor. O absurdo, o sinxelo e o universal está presente nas disparatadas rutinas de circo.

Catro personaxes están á espera de, sorpréndense cando se ven pero coñécense de toda a vida. Imítanse, xogan e divírtense todos a unha. Chaman á porta do humor para ridiculizarse. Danzan con pisóns e perseguen, arriscando a súa vida, un maletín sen saber o seu contido. Non se deixan influír polos medios de comunicación e traballan modestamente en sinalar ao público un novo camiño peripatético e raramente comprensible.

Unha dramaturxia non lineal que cada espectador vivirá e interpretará dunha forma única.


Idea orixinal, son e vestiario: CAIR
Escenografía: Jose Perozo - CAIR
Axudante de dirección: Jessy
Duración: 50 minutos
Xénero: novo circo; teatro xestual
Dirixido a todos os públicos



CAIR


AGADIC Marca gráfica da Xunta de Galicia

Accesibilidade | Aviso legal