AGADIC

Centro Dramático Galego


OBRAS PÚBLICAS: O fútbol é así

Autoría e dirección: José Prieto
Elenco: Leandro Lamas e Mos

Despois do éxito da súa anterior produción, Life is a paripé (finalista ao Premio Max ao Mellor Espectáculo Revelación), a compañía Obras Públicas presenta a súa nova montaxe O fútbol é así.

60 minutos de música, fútbol e teatro conforman esta comedia disparatada baseada en feitos inventados que ben poideron ter ocorrido na fase final dun mundial no que xogaba unha selección vestida de vermello. Así, entre risos e música, Leandro Lamas e Mos interpretan a xornalistas deportivos, á afección e, por suposto, aos futbolistas.


O_futbol_e_asi


AGADIC Marca gráfica da Xunta de Galicia

Accesibilidade | Aviso legal