AGADIC

Centro Dramático Galego


ENTREMANS: Blondy's Coffee

Creación, dirección e interpretación: Kirenia Martínez e Beatriz Pérez

Dúas mulleres sumidas no tedio refúxianse en estraños pasatempos en procura de novas emocións que lle devolvan a súa propia natureza... un hábitat onde atoparse elas mesmas coas súas miserias e as súas grandezas... unha viaxe polo laberinto da mente feminina. Se a vida é un xogo e do teu estás farto... Na pel de quen gardas os teus recordos?

En Blondy´s Coffee. Peza soa para dúas mulleres pódese descubrir as personaxes, saborear as súas intrigas, viaxar ao interior que as habita nas súas 9 escenas, facendo xogo con imaxes audiovisuais que afondan aínda máis a historia.


Iluminación: Octavio Mas
Audiovisual: Masako Hattori
Fotografía: Román Montesinos
Duración: 50 minutos

Blondy's coffee


AGADIC Marca gráfica da Xunta de Galicia

Accesibilidade | Aviso legal