Guión e dirección: Sonia Méndez
Elenco: Luis Zahera e Camila Bossa
Un home acaba de saír do cárcere. Unha muller volta de entre os mortos para ter unha conversa con el
Conversa cunha muller morta é a historia de Elena, unha muller que volve "de entre as mortas" para ofrecerlle unha oportunidade de salvación a Luís, a súa antiga parella e asasino. Elena advírtelle de que a xustiza dos humanos non é suficiente para saldar o seu crime e que no "máis alá" aínda lle quedarán contas por saldar. A non ser que poida darlle un motivo polo cal cometeu o crime...
Luís acaba de saír do cárcere onde cumpría condena polo asasinato da súa muller Elena, cometido quince anos atrás. Cando Luís chega á gran casa que ambos compartían Elena aparéceselle "de entre as mortas" para manter unha conversación con el. E é que ás mulleres curiosas como Elena a xustiza dos homes non lles parece suficiente...