A partir de 4 anos
Cincenta? Cenerentola? Rhodopis? Cendrillon? Yeh-Shen? Cenicienta? Aschenputtel? Cinderella? Popelka? Gata Borralheira?... Existe desde o século I a.C.e é o conto con máis versións da historia da humanidade. Esta versión é a fusión de tres miradas diferentes sobre este conto. Son as miradas de tres chaíñas. Tres personaxes que converxen accidentalmente. A partir dos pequenos conflitos da súa vida cotiá, vense egaloiados por unha historia que os leva a xogar, a mesturar, a enredar... A compartir. Tres olladas humildes, cheas de ilusión, de tenrura, de poesía, de cor, de música e de humor.