AGADIC

Centro Dramático Galego


EL GATO NEGRO: Cabaré de Caricia y Puntapié

En colaboración co CENTRO DRAMÁTICO DE ARAGÓN

Dirección: Alberto Castrillo-Ferrer
Elenco: Carmen Barrantes e Jorge Usón

Premio MAX 2010 das artes escénicas ao mellor espectáculo de teatro musical

Cabaré de Caricia y Puntapié é unha viaxe polo universo de Boris Vian. Un auténtico personaxe: músico, compositor, enxeñeiro, escritor e dramaturgo. Figura imprescindible da bohemia parisiense dos anos cincuenta, autor sempre polémico e crítico coa súa época.

O Cabaré de Caricia y Puntapié créase a partir da parte máis trepidante e menos surrealista do seu legado artístico: as súas cancións, pequenas historias que en breves minutos debuxan mundos dunha intensidade incrible. Mundos posibles e imposibles. O amor, a violencia, o materialismo, o antimilitarismo, o amor, o desamor, o amor, o amor...

A tradución conserva a esencia, o aire e a intención que Vian quixo transmitir na súa lingua materna, a súa forza, a súa comicidade, a súa mensaxe -unhas veces crítico e sempre contraditorio- e sobre todo: o seu gran sentido do humor.

Dous actores cantantes crean en escena un desfile de personaxes que enchen de vida este orixinal cabaré, sempre coa dualidade amorosa da caricia e da puntada, a cara e a cruz das relacións humanas.


caricia_puntapie_300x300


AGADIC Marca gráfica da Xunta de Galicia

Accesibilidade | Aviso legal