AGADIC

Centro Dramático Galego


REDRUM TEATRO: Moito conto

Estrea

Dramaturxia: Álex Sampayo, Tamara Canosa e Guillermo Carbajo
Dirección: Álex Sampayo

Pepiño e Manola están a piques de vivir un gran desafío. Enganados pola súa madrasta, acabarán perdidos no bosque e vivirán unha aventura que os cambiará para sempre: os nenos terán nas súas mans o destino dos contos e dos soños e terán que salvalo convertendo o que consideraban defectos en virtudes.

Moito Conto é unha comedia musical baseada no famoso conto dos irmáns Grimm Hansel e Gretel, un espectáculo 100% reciclado cunha clara intención de educar e concienciar sobre a reciclaxe, a reutilización, o respecto ao ambiente e a adopción de estilos de vida saudables. Un espectáculo innovador que non deixará indiferente a ninguén.


Elenco: Tamara Canosa, Guillermo Carbajo e Mónica García
Música: Manuel Riveiro
Iluminación: Carlos Álvarez-Ossorio

moito_conto_300x300


AGADIC Marca gráfica da Xunta de Galicia

Accesibilidade | Aviso legal