AGADIC

Centro Dramático Galego


ESPELLO CÓNCAVO: Limpeza de sangue (o sangue fai ruído)

Autoría: Rubén Ruibal
Dirección: Arturo López

Espello Cóncavo pon sobre as táboas un dos textos máis actuais e interesantes da nova dramaturxia galega, Limpeza de sangue (o sangue fai ruído), de Rubén Ruibal. Cunha estética urbana e tratando temas eternos como o medo á morte ou a marxinalidade, esta obra presenta dous personaxes unidos polo preto que andan do delito e, sobre todo, polo preto que andan da dor e da morte.

Fernando e Pantaleón, un yuppie e un ionqui, procedentes de mundos aparentemente opostos, coinciden á espera dun transplante ou do inevitable pasamento, na sala de diálise dun hospital. Igualados pola situación e obrigados a facerse mutua compañía, ven nacer unha amizade inimaxinable en medio da corrupción, a violencia, a inxustiza…

Limpeza de sangue foi a obra gañadora do Premio Álvaro Cunqueiro para textos teatrais do ano 2005 e Premio Nacional de Literatura Dramática do 2007.


Axudante de dirección: Gari
Escenografía: Rodrigo Roel
Son: Nani García
Iluminación: Eduardo Alonso
Vestiario: Rodrigo Roel
Elenco: Oswaldo Digón, Gari, Teresa Horro, Arturo López, X. C. Mejuto, Fernando Morán, Xavier Pan, Rodrigo Roel, Tito, Estíbaliz Veiga e Sergio Zearreta

limpeza_sangue


AGADIC Marca gráfica da Xunta de Galicia

Accesibilidade | Aviso legal