AGADIC

Centro Dramático Galego


COMPAÑÍA SANTIAGO CORTEGOSO: A filla de Woody Allen

Autoría e dirección: Santiago Cortegoso

O punto de partida da primeira montaxe da compañía Santiago Cortegoso é o inicio dunha viaxe; unha viaxe da protagonista na procura de seu pai, do cal só sabe que vive en Nova York e que lle manda un agasallo cada ano polo seu aniversario. Estes agasallos son tesouros para ela e constitúen un quebrabacabezas co que foi construíndo un mito que a acompaña no seu desenvolvemento vital. Atoparse con ese mito revélase como a vía para acadar a felicidade, pero tamén supón unha fuxida dunha vida cotiá insatisfactoria. Ela loita. É incansable. É vitalista. E pon todas as súas esperanzas nese ser descoñecido. A viaxe a Nova York é a viaxe a un mundo ideal; é a procura de algo por definir, unha interrogante vital que non sabe se será respondida.


Coreografía: Carmela Bueno
Escenografía: Marián Bañobre
Vestiario: Marián Bañobre e Raquel Martínez
Música: Anxo Graña
Iluminación: Salvador del Río
Elenco: Marián Bañobre

A filla de Woody Allen


AGADIC Marca gráfica da Xunta de Galicia

Accesibilidade | Aviso legal