AGADIC

Centro Dramático Galego


COMPAÑÍA AINTERNACIONAL: Hamlet

Estrea

Dirección: Jorge Rey

Alfredo Padilla presenta este traballo de investigación e laboratorio teatral sobre o lendario texto de William Shakespeare.

Interpretada por Alfredo Padilla, na montaxe o único limite e marco fixo é o propio texto do autor, onde o actor investiga e explora as posibilidades desestruturando a orde orixinal da fábula; así, a obra comeza polo final no momento en que Hamlet lle pide ao seu amigo Horatio que conte a súa historia. O actor que interpreta a Horatio convértese en Hamlet e representa a súa historia.

Trátase dunha proposta escénica e de investigación permanente, un work in progress sobre o texto, a historia e as súas posibilidades.


Tradución ao galego: Alfredo Conde
Música: Alejandro Casquero
Axudante de direción: Josito Porto
Produción: Fran Sanz
Adestrador para voz inglesa: Raúl Villares
Elenco: Alfredo Padilla

Hamlet


AGADIC Marca gráfica da Xunta de Galicia

Accesibilidade | Aviso legal