AGADIC

Centro Dramático Galego


Ciclo ST Música Presente: Silvia Penide


A segunda entrega do programa de concertos promocionais "ST Música Presente" finaliza coa actuación de Silvia Penide. A cantante coruñesa presentará en directo o seu cuarto traballo de estudio, Las Erres Dobles, gravado da man de Juan de Dios Martín, músico e produtor de recoñecidas agrupacións como Deluxe, Lovely Luna ou Albertucho, entre outros.

Se se puidese definir o universo de Silvia Penide en porcentaxes podería ser un 40% cantautora, a mesma medida de solista pop e, o resto, a medio camiño entre o experimental e o electrónico. Pero o certo é que a súa proposta se basea na sinceridade, a proximidade e a inmediatez. E é que o sinxelo rara vez se afasta da verdade.


Silvia Penide


AGADIC Marca gráfica da Xunta de Galicia

Accesibilidade | Aviso legal