AGADIC

Centro Dramático Galego


ÓNFALO TEATRO: Na meta

Autoría e dirección: Ana Contreras e Afonso Becerra de Becerreá

Na meta (sálvese quen poida) é unha comedia negra sobre o éxito e o fracaso, unha revisión humorística sobre o camiño cara á meta de cadaquén e o que nel se perde e se gaña. Unha nai de moito xenio saca a súa metralladora verbal e fai saltar polos aires algúns dos piares da sociedade. A nai viúva e a filla solteira reproducen dinámicas de dependencia, tiranía e submisión. Un escritor novo, que acaba de triunfar no teatro, diríxese cara á meta das dúas espectadoras que orquestran esta comedia cáustica. Unha primeira parte en que se fan as maletas e unha segunda na que se desfán. Unhas personaxes que deixan saír os monstros que a meirande parte das persoas agochamos. O riso terrible do coñecemento.

O novo espectáculo da compañía lucense Ónfalo Teatro, con texto de Thomas Bernhard, combina a acción escénica coas linguaxes da danza, a instalación, a performance, o clown, a acrobacia e outros recursos que enriquecen a plasticidade e afían o significado da obra.

En Na meta asistimos en tempo sincrónico a dous momentos dun mesmo día na vida de dúas mulleres, nai e filla, que invitaron un escritor e van de viaxe. O importante non é o que fan neste momento -preparar a equipaxe-, senón o que contan, toda a peripecia vital, revisada obsesivamente, que as levou a este instante de decrepitude e esperanza.


Escenografía e vestiario: Diego Costa
Iluminación e son: Ana Contreras
Achegas coreográficas: Rut Balbís
Elenco: Rut Balbís, Luísa Merelas e Toni Salgado

Na meta


AGADIC Marca gráfica da Xunta de Galicia

Accesibilidade | Aviso legal