AGADIC

Centro Dramático Galego


Circo Europa: Rúa Aire


Dentro do programa de exhibición de Circo Europa, pensado tanto para facer partícipe á cidadanía deste evento europeo como para implicar nel ao novo circo galego, o Salón Teatro acollerá o espectáculo Rúa Aire da compañía galega O Retrete de Dorian Gray, onde Marcos «PTT» Carballido e Ezra Moreno constrúen todo un universo de suspense e misterio a partir de marionetas feitas con globos, segundo a técnica de manipulación de monicreques inchables que eles mesmos inventaron.

A entusiasta acollida por parte do público e da crítica dende a súa estrea avalan esta montaxe na que O Retrete de Dorian Gray fai gala dun novo xeito de entender o chamado teatro de obxectos.




AGADIC Marca gráfica da Xunta de Galicia

Accesibilidade | Aviso legal