Autor: Irmáns Grimm e Serxio Bardotti
Dirección: Celso Parada
A peza ten como protagonista un burro que, cansado da explotación e dos malos tratos do patrón, decide abandonar a facenda onde traballaba na procura de mellores condicións de vida. No camiño á cidade encontra un can e unha galiña que foxen polo mesmo motivo, xunto cunha gata, a quen botaron da casa porque pasara a noite a cantar. Unidos contra a tiranía dos donos, deciden formar un conxunto musical e parten cara á cidade dos soños compoñendo belas cancións.
Ademais da dirección escénica, Celso Parada asumiu a adaptación galega do musical homónimo de Serxio Bardotti inspirado no conto Os músicos de Bremen, dos irmáns Grimm.