AGADIC

Centro Dramático Galego


CDG: Noite de Reis. Ou o que queirades

De William Shakespeare
Quico Cadaval, director

Produción: Centro Dramático Galego

FICHA ARTÍSTICA
Elenco (por orde alfabética): Suso Alonso, María Bouzas, Xan Cejudo, Marcos Correa, Susana Dans, Borja Fernández, Bernardo Martínez, Rebeca Montero, Víctor Mosqueira, Simone Negrín, Xosé Manuel Olveira "Pico", Ramón Orencio e Marcos Orsi

Axudantía de dirección: Marta Lago e Rebeca Montero
Espazo escénico e iluminación: Baltasar Patiño
Figurinos: Gilda Bonpresa
Espazo sonoro e dirección musical: Bernardo Martínez
Maquillaxe: Dolores Centeno
Realización escenográfica: Carpintería Metálica Galanas e Rodrigo Roel
Realización de vestiario: Concha Abad, Milagros Reimúndez, Cristina Cordido e Carmen Morales
Caderno pedagóxico: Miguel Vazquez Freire (Galix)
Asesor de italiano: Simone Negrín
Edición de libreto: Mon Serodio
Fotografía: Tono Arias
Deseño gráfico: Fausto Isorna
Gabinete de imaxe: Signum
Revisión lingüística: Rosetta
Gabinete de comunicación: Trisquelia
Coordinación Espazos CDG: Xocas López

SINOPSE

Sebastián e Violeta, irmáns xemelgos, naufragan ante a costa de Ilíria. Violeta consegue chegar case sen vida á praia. Ela cre que Sebastián morreu. Vestida de home e facéndose pasar por un paxe novo co nome de Cesario, pasa a servir na corte do duque Orsino que está "poética, apaixonada e desesperadamente namorado" da aflixida Lady Olivia, que o rexeita continuamente. Orsino utiliza a Cesario como confidente e como mensaxeiro para declararlle o seu amor a Olivia pero Cesario -Violeta, en realidade- comeza a namorarse de Orsino mentres que Olivia, pola súa parte, se namora do mensaxeiro, que é Cesario. Namentres, Malvolio, servidor de Olivia, perseguirá o amor da súa ama e, a causa dunha confusión amañada, crerase correspondido, producíndose unha serie de situacións hilarantes que o levaran case a entolecer. Ao mesmo tempo, Antonio, capitán de barco, consegue rescatar do mar a Sebastián. Ambos desembarcan en Ilíria. A presenza de Sebastián na cidade será o comezo do fin do enredo. Os malentendidos e cruzamentos de parellas avivados por Festas (bufón da corte de Orsino), enganando a André (burgués que tamén pretende a Olivia) e burlando a Malvolio resolveranse finalmente.


Ler máis

Noite de reis


AGADIC Marca gráfica da Xunta de Galicia

Accesibilidade | Aviso legal