Autor: Creación colectiva baseada na obra de Artello Teatro
Dirección: Artello - Teatro Alla Scala 1:5 (Rosa Hurtado e Santiago Montenegro)
Produción: Centro Dramático Galego
FICHA ARTÍSTICA
Reparto: Anabel Gago, Avelino González, Bea, Noemi Rodríguez, Fran Peleteiro, Manuel Polo e José Carlos Illanes (Músico)
Espazo escénico e vestiario: Carlos Alonso
Iluminación: Santi Montenegro e Santi Mañasco
Dirección musical: Manuel Pombal
Attrezzista: Santos Carrera
Asesoría de maquillaxe: Dolores Centeno
Asistencia de vestiario: Clotilde Vaello
Fotografía: Tono Arias
Deseño gráfico: Signum Deseño
Realización espazo escénico: Talleres IGAEM
Realización estruturas metálicas: Fredi Vidal e J. Meixoeiro S.L.
Realización vestiario: Concha Abad e Clotilde Vaello
Unidade didáctica: Cristina Pérez Asenjo
Revisión lingüística: Rosetta
SINOPSE
A compañía Artello Teatro estreou Tarará-chis-pum o 15 de novembro de 1978 na Sala Carral (Vigo). Foi o primeiro espectáculo profesional de teatro infantil feito en Galicia. A boa acollida que tivo por parte do público materializouse na realización de noventa funcións e na súa prolongación en cartel ata setembro de 1981. Este espectáculo recibiu a Mención Especial na primeira edición dos Premios da Crítica Galicia-1979.
O Centro Dramático Galego, neste reencontro coa peza no ano 2007, mantén no esencial a súa estrutura dramática e, sobre todo, o espírito de creación colectiva. Con esta nova posta en escena e cun novo elenco integrado maioritariamente por actores xoves, trata de facer unha invitación renovada ao xogo. Un xogo baseado na imaxinación, na ilusión, na vontade, na nudez... recursos que están ao alcance de todos nós.
En Tarará-chis-pum!, unha compañía de actores conta a historia dunha rapaza, pequena aprendiz de pallasa que perde o riso na escola. Para encontralo, emprende unha viaxe fantástica que a levará a percorrer espazos como un mercado, o fondo do mar, o bosque ou mesmo a lúa. Tras unha intensa busca, a acción acaba no circo, onde por fin o pallaso atopará o seu riso. Nesta viaxe, os actores darán vida a máis de corenta personaxes humanas, animais, vexetais e mesmo obxectos.