AGADIC

Centro Dramático Galego


CDG: A cabana de Babaiagá

Autor: Adaptación dun conto tradicional ruso
Directora e narradora: Paula Carballeira

Músicos: Alfredo Gómez (clarinete), Alexandre Lugo (viola), Yuri Sdar (baixo acústico), Manolo Vázquez (frautas, gaita, xilófono, percusión) e Vadzim Yujnevich (baian).

Dirección e coordinación musical: Manolo Vázquez

Axudante de dirección: Chiqui Pereira

Deseño de escenografía e iluminación: Suso Díaz

Deseño de vestiario: Ruth Pereira

Realización da escenografía: Arteficción

Guía didáctica: Nate Borrajo e Pablo Peixe

Sinopse: A cabana de Babaiagá é un espectáculo de música e narración oral, destinado ao público infantil de entre 6 e 11 anos, para o que se adaptou un conto tradicional ruso a partires do que se fía unha serie de pezas dos máis afamados compositores do leste de Europa.

A historia de Natasha e da bruxa Babaiagá fálanos doutras terras, doutros costumes e de como a valentía e a loita por romper límites e por se introducir no terreo do descoñecido ten a súa recompensa nunha aprendizaxe que permite coñecérmonos un pouco máis.

O misterio, o humor e a aventura son algúns dos atractivos deste conto, potenciados pola música en directo que recrea unha atmosfera evocadora que intentará levarnos ata a estepa rusa mediante a imaxinación e o poder suxestivo das palabras e das melodías.

Hai, neste conto, contidos transversais importantes na educación dos nosos/as nenos/as:

-Favorecer a integración de colectivos doutras etnias e culturas na nosa.

-Coñecemento das tradicións doutras culturas, neste caso a rusa, para ser conscientes de que poden enriquecer a nosa.

-Valoración da aprendizaxe como unha experiencia positiva que nos permite enfrontarnos aos obstáculos que imos atopando no noso camiño vital.

-A figura da nena/rapaza como heroína que demostra valor e resolución ao saír da súa casa para enfrontar o descoñecido.

-Destácanse cualidades como a xenerosidade, a perseveranza, a sensibilidade ante os problemas dos outros e a necesidade de transmitir as experiencias propias para que sirvan de modelo aos demais.

-Inclusión da música como arte comunicativa no imaxinario auditivo infantil.


Ler máis



AGADIC Marca gráfica da Xunta de Galicia

Accesibilidade | Aviso legal