[2025-06-27 10:00:00] A Axencia Galega das Industrias Culturais publica a convocatoria do proceso de selección para a cobertura con carácter temporal dun posto de técnico/a auxiliar de imaxe e son (grupo III, categoría 94), adscrito ao Departamento de Produción Teatral (Centro Dramático Galego).
Prazo de solicitude: 15 días naturais a partir do día seguinte ao desta publicación.
-Toda a información actualizada sobre o proceso, na web da Axencia Galega das Industrias Culturais.