[2025-06-03 10:17:00] Publícanse na web da Axencia Galega das Industrias Culturais a convocatoria e as bases do proceso de selección para a contratación de 23 intérpretes para a temporada 2025-2026 do Centro Dramático Galego: sete prazas para a produción Memorias dun neno labrego, de Xosé Neira Vilas, e 16 (unha con categoria de protagonista e 15 de principais) para Hamlet, de William Shakespeare.
-Prazo de solicitude: do 4 ao 18 de xuño de 2025 (15 días naturais, contados a partir do día seguinte desta publicación).
-Na web da Axencia Galega das Industrias Culturais (apartado de Transparencia / Información en materia de persoal / Convocatoria de procesos selectivos) poderá seguirse todo o proceso.