[12/10/2011] O Centro Coreográfico Galego (CCG) continúa presentando ante o público galego o seu espectáculo 3Dtres, co que chega a Pontevedra o próximo sábado día 15 para ofrecer unha única función ás 21:00 horas no Pazo da Cultura, programada en colaboración co Concello de Pontevedra. A última produción da unidade de danza da Agadic (Axencia Galega das Industrias Culturais) está realizada a partir das tres pezas creadas ex profeso por Tony Fabre, Ángel Rodríguez e Amaury Lebrun, coreógrafos de recoñecida traxectoria internacional que asinan, respectivamente, Honey Moon, Dulce memoria e Magnificat.
[11/10/2011] A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) abre este venres día 14 cun concerto no Salón Teatro a cargo da banda The Blows a terceira parte do ciclo de concertos "ST Música Presente", dirixido preferentemente á promoción de traballos discográficos galegos de todos os estilos diante dun público especializado. O grupo galego presentará os temas do seu novo traballo, Ejército de Fantasmas, co seu son característico de riffs de guitarra, teclados e baterías rítmicas. Unha vez máis, o Salón Teatro de Santiago será a sede deste programa de recitais, que nesta nova entrega acollerá outros tres directos protagonizados por Lobalú (2 de novembro), Fon Román (24 de novembro) e Vaamonde, Lamas & Romero (13 de decembro).
[10/10/2011] O Centro Dramático Galego (CDG) colabora co Centro Andaluz de Teatro (CAT) na obra La noche de Max Estrella, que se estrea este venres 14 de outubro no Teatro Central de Sevilla. A colaboración entre as dúas compañías públicas materialízase mediante a participación dos galegos Isaac Garabatos e Pilar Millán como parte do equipo artístico desta proposta escénica e dramatúrxica de Francisco Ortuño, que toma como referencia unha das obras cumio da literatura española do século XX, Luces de Bohemia, de Ramón María del Valle-Inclán.
[04/10/2011] O último espectáculo do Centro Dramático Galego (CDG), A ópera dos tres reás, rematou o seu período de distribución cun balance de 19.700 espectadores, polo que pasa a ser a produción máis vista da historia da compañía pública galega, despois de finalizar unha xira de tres meses de duración na que ofreceu un total de trinta e catro funcións en doce localidades, dentro e fóra de Galicia.
[28/09/2011] O Centro Dramático Galego (CDG) finaliza en Narón o período de exhibición de A ópera dos tres reás, o seu primeiro espectáculo musical de gran formato, coas dúas derradeiras funcións que terán lugar no Pazo da Cultura este venres 30 de setembro, ás 20.30 horas, e o sábado 1 de outubro, ás 20.00 horas. Péchase así unha extensa xira de tres meses durante a que a versión galega do clásico de Bertolt Brecht e Kurt Weill congregou a milleiros de espectadores ofrecendo un total de 34 funcións en 12 localidades dentro e fóra de Galicia.
Anteriores 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 31 32 33 34 35 36 37 38 39 40 41 42 43 44 45 46 47 48 49 50 51 52 53 54 55 56 57 58 59 60 61 62 63 64 65 66 67 68 69 70 71 72 73 74 75 76 77 78 79 80 81 82 83 84 85 86 87 88 89 90 91 92 93 94 95 96 97 98 99 100 101 102 103 104 105 106 107 108 109 110 111 112 113 114 115 116 117 118 119 120 121 122 123 124 125 126 127 128 129 130 131 132 133 134 135 136 137 138 139 140 141 142 143 144 145 146 147 148 149 150 151 152 153 154 155 156 157 158 159 160 161 162 163 164 165 166 167 168 169 170 171 172 173 174 175 176 177 178 179 180 181 182 183 184 185 186 187 188 189 190 191 192 193 194 195 196 197 198 199 200 201 202 203 204 205 206 207 208 209 210 211 212 213 214 215 216 217 218 219 220 221 222 223 224 225 226 227 228 229 230 231 232 233 234 235 236 237 238 239 240 241 242 243 244 245 246 247 248 249 250 251 252 253 254 255 256 257 258 259 260 261 262 263 264 265 266 267 268 269 270 271 272 273 274 275 276 277 278 279 280 281 282 283 284 285 286 287 288 289 290 291 292 293 294 295 296 297 298 299 300 301 302 303 304 305 Ver novas anteriores