Axencia Galega das Industrias Culturais

Xunta de GaliciaAxencia Galega das Industrias Culturais

Noticias

A OBRA ESTARÁ NO SALÓN TEATRO ATA O 16 DE MAIO, CON MÁIS DE 30 FUNCIÓNS, DE MÉRCORES A DOMINGO

O Centro Dramático Galego estrea este xoves 'Terceiro acto', unha reflexión sobre a última etapa da vida Documento anexo

[13/04/2021] O Centro Dramático Galego, unidade teatral da Xunta de Galicia, estrea este xoves a súa nova produción 'Terceiro acto', dirixida por Andrea Jiménez e Noemi Rodríguez e que reúne un elenco de rostros moi coñecidos para o público. Belén Constenla, Roberto Leal, Fernando Morán, Mabel Rivera e Eduardo R. Cunha ‘Tatán’ protagonizan esta peza, que ofrece unha reflexión sobre a última etapa da vida e reivindica o papel das persoas maiores na sociedade actual.

O PRAZO DE INSCRICIÓN ABRIRASE DO 12 DE ABRIL AO 14 DE MAIO

Presentamos o noso novo programa formativo, con nove cursos de danza, prevención de lesións e xestión cultural Documento anexo

[03/04/2021] Nove cursos sobre diferentes estilos de danza, prevención de lesións e xestión cultural neste sector configuran a oferta formativa que a Xunta de Galicia desenvolverá na sede do Centro Coreográfico Galego na Coruña entre os meses de maio e outubro. Dirixido prioritariamente a profesionais e estudantes, aínda que aberto tamén a todas as persoas interesadas nesta arte, no programa teñen cabida técnicas contemporáneas, clásicas, urbanas e tap dance, para o que a unidade coreográfica da Consellería de Cultura, Educación e Universidade volve contar cun profesorado integrado por recoñecidos nomes no seu ámbito.

PERMANECERÁ EN CARTELEIRA EN SANTIAGO DE COMPOSTELA ATA O 16 DE MAIO, CON FUNCIÓNS DE MÉRCORES A DOMINGO

O CDG ultima os ensaios da produción teatral 'Terceiro acto' para a súa estrea no Salón Teatro o 15 de abril

[29/03/2021] O Salón Teatro de Santiago de Compostela acolle estes días os últimos ensaios da nova produción do Centro Dramático Galego (CDG), 'Terceiro acto', cuxa estrea está prevista para o 15 de abril. Andrea Jiménez e Noemi Rodríguez dirixen esta peza con textos da súa autoría a partir de improvisacións co elenco, formado por Belén Constenla, Roberto Leal, Fernando Morán, Mabel Rivera e Eduardo R. Cunha Tatán.

O CICLO COPRODUCIDO CO CDG ENMÁRCASE NAS RESIDENCIAS ARTÍSTICAS DO GAIÁS (REGA)

'Clásicas desfeitas' baixa o pano na Cidade da Cultura cunha versión en danza das obras de Virginia Woolf, Camus e Stravinski

[28/03/2021] O ciclo 'Clásicas desfeitas' organizado pola Xunta de Galicia ofreceu hoxe no Museo Centro Gaiás a súa última peza, para a que se esgotaron todas as entradas. Os textos de 'Orlando', de Virginia Woolf; 'O mito de Sísifo' de Albert Camus; e 'A consagración da primavera' de Stravinsky inspiraron a Gena Baamonde, Rut Balbís e Manuel Lago para artellar unha versión colectiva destas obras a través da danza.

O CONSELLEIRO DE EDUCACIÓN, CULTURA E UNIVERSIDADE PARTICIPA NOS ACTOS CONMEMORATIVOS NO SALÓN TEATRO

A Xunta celebra co sector das artes escénicas o Día Mundial do Teatro e anuncia unha bolsa de dramaturxia e creación Documento anexo

[27/03/2021] A Xunta de Galicia celebrou hoxe co sector das artes escénicas o Día Mundial do Teatro, nun contexto especial que esixe do esforzo de todos os actores implicados, incluída a administración, tal como sinalou hoxe o conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez. O acto desenvolveuse en Santiago, no exterior do Salón Teatro, e contou coa participación do presidente da Asociación Galega de Dramaturxia, Afonso Becerra, e a presenza da meirande parte das entidades representativas do sector en Galicia.

Anteriores  1  2  3  4  5  6  7  8  9  10  11  12  13  14  15  16  17  18  19  20  21  22  23  24  25  26  27  28  29  30  31  32  33  34  35  36  37  38  39  40  41  42  43  44  45  46  47  48  49  50  51  52  53  54  55  56  57  58  59  60  61  62  63  64  65  66  67  68  69  70  71  72  73  74  75  76  77  78  79  80  81  82  83  84  85  86  87  88  89  90  91  92  93  94  95  96  97  98  99  100  101  102  103  104  105  106  107  108  109  110  111  112  113  114  115  116  117  118  119  120  121  122  123  124  125  126  127  128  129  130  131  132  133  134  135  136  137  138  139  140  141  142  143  144  145  146  147  148  149  150  151  152  153  154  155  156  157  158  159  160  161  162  163  164  165  166  167  168  169  170  171  172  173  174  175  176  177  178  179  180  181  182  183  184  185  186  187  188  189  190  191  192  193  194  195  196  197  198  199  200  201  202  203  204  205  206  207  208  209  210  211  212  213  214  215  216  217  218  219  220  221  222  223  224  225  226  227  228  229  230  231  232  233  234  235  236  237  238  239  240  241  242  243  244  245  246  247  248  249  250  251  252  253  254  255  256  257  258  259  260  261  262  263  264  265  266  267  268  269  270  271  272  273  274  275  276  277  278  279  280  281  282  283  284  285  286  287  288  289  290  291  292  293  294  295  296  297  298  299  300  301  302  303 Ver novas anteriores

Escolle o apartado que máis che interesa clicando nas celas: