[19/02/2010] A coreógrafa coruñesa Mercedes Suárez Rodríguez, fundadora da compañía Druída Danza, dirixirá o próximo espectáculo do Centro Coreográfico Galego (CCG) a petición da dirección da AGADIC (Axencia Galega das Industrias Culturais). A nova produción, que levará por título Etheria. A viaxe soñada, evocará por medio da danza, a música e a imaxe o periplo da protagonista, unha relixiosa galega no século IV, na súa peregrinación de retorno desde Xerusalén até Compostela.
[18/02/2010] O Centro Dramático Galego (CDG) inicia mañá en Narón o período de distribución da súa última montaxe, As actas escuras, obra de Roberto Vidal Bolaño recuperada para os escenarios da man do director Xúlio Lago e dun elenco integrado por 14 recoñecidos actores e actrices. Tralo éxito de público obtido durante a súa exhibición no Salón Teatro de Santiago, onde congregou un total de 2.593 espectadores nas 17 funcións ofrecidas, o espectáculo presentarase no Pazo da Cultura naronés (venres 19 ás 20.30 horas e sábado 20 ás 20.00 h) como primeira parada dunha xira que se estenderá ata primeiros de abril e durante a que visitará un total de sete localidades galegas.
[17/02/2010] O Salón Teatro de Santiago acolle esta fin de semana (sábado 20 ás 20.30 h e domingo 21 ás 18.00 h) a representación de Après moi, le déluge, unha montaxe de Teatre Lliure en coprodución co Centro Dramático Nacional que reflexiona sobre as relacións entre o primeiro e terceiro mundo. Dirixida por Carlota Subirós e interpretada polos veteranos actores Jordi Dauder e Vicky Peña, a emblemática compañía catalá pon en escena esta peza de Lluïsa Cunillé, galardoada co Premio Lletra d'Or 2008 ao mellor texto teatral editado en catalán.
[10/02/2010] O Salón Teatro de Santiago inicia a partir de mañá un novo ciclo de programación trimestral coa posta en escena da última proposta de Teatro do Morcego, Saltimbanquis, un espectáculo musical especialmente pensado para público infantil e familiar (na imaxe). A compañía galega protagonizará as primeiras catro funcións do total de 21 que conforman esta carteleira, na que tamén figuran Après moi, le déluge de Teatre Lliure, O xogo de Yalta. Afterplay de Teatro do Atlántico, Genet-Las criadas de Sala Muntaner, Super8 de Voadora en coprodución do Centro Dramático Galego (CDG) e Hotel Paradiso de Familie Flöz.
[05/02/2010] A Escola de Altos Estudos Musicais (EAEM) ofrecerá os vindeiros días 8 e 9 de febreiro senllos concertos de cámara a cargo dun total de 15 alumnos das especialidades instrumentais de corda e de vento-metais. Ambos recitais, de entrada libre ata completar o aforo, terán lugar ás 20.30 horas no auditorio da sede da escola, na finca Vista Alegre de Santiago.
Anteriores 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 31 32 33 34 35 36 37 38 39 40 41 42 43 44 45 46 47 48 49 50 51 52 53 54 55 56 57 58 59 60 61 62 63 64 65 66 67 68 69 70 71 72 73 74 75 76 77 78 79 80 81 82 83 84 85 86 87 88 89 90 91 92 93 94 95 96 97 98 99 100 101 102 103 104 105 106 107 108 109 110 111 112 113 114 115 116 117 118 119 120 121 122 123 124 125 126 127 128 129 130 131 132 133 134 135 136 137 138 139 140 141 142 143 144 145 146 147 148 149 150 151 152 153 154 155 156 157 158 159 160 161 162 163 164 165 166 167 168 169 170 171 172 173 174 175 176 177 178 179 180 181 182 183 184 185 186 187 188 189 190 191 192 193 194 195 196 197 198 199 200 201 202 203 204 205 206 207 208 209 210 211 212 213 214 215 216 217 218 219 220 221 222 223 224 225 226 227 228 229 230 231 232 233 234 235 236 237 238 239 240 241 242 243 244 245 246 247 248 249 250 251 252 253 254 255 256 257 258 259 260 261 262 263 264 265 266 267 268 269 270 271 272 273 274 275 276 277 278 279 280 281 282 283 284 285 286 287 288 289 290 291 292 293 294 295 296 297 298 299 300 301 302 303 304 305 Ver novas anteriores