Actualidade




Actualidade

O CONSELLEIRO DE CULTURA PRESIDIRÁ O ACTO MATINAL DE APERTURA DA ZONA DE MERCADO E A ENTREGA DE PREMIOS DRAMÁTICOS DA AGADIC

Ónfalo Teatro con "Na meta (sálvese quen poida)" inaugura mañá a carteleira artística da XVIII Feira Galega das Artes Escénicas Documento anexo

[17/10/2010] A compañía Ónfalo Teatro, co seu espectáculo Na meta (sálvese quen poida) abre mañá en Santiago de Compostela a carteleira artística da Feira Galega das Artes Escénicas 2010, evento que, organizado pola Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) da Consellería de Cultura e Turismo, enfronta ao longo dos vindeiros catro días a súa décimo oitava edición cunha intensa programación de máis de 20 espectáculos a representar diante dos 150 axentes culturais acreditados e do público xeral.

O ENCONTRO QUE ORGANIZA A AGADIC DESENVÓLVESE DO 18 AO 21 DE OUTUBRO EN SEIS ESPAZOS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

A Feira das Artes Escénicas celebra a súa décimo oitava edición con máis de 150 profesionais acreditados Documento anexo

[14/10/2010] Máis de 150 programadores, distribuidores e produtores, entre outros axentes culturais, daranse cita a vindeira semana en Santiago de Compostela durante a celebración da XVIII Feira Galega das Artes Escénicas, que desenvolverá un intenso programa de actividades do 18 ao 21 de outubro en seis espazos da cidade. Chegados dende diferentes puntos de España e Portugal, os participantes terán a oportunidade de asistir a 21 espectáculos escénicos (18 deles galegos e tres andaluces), tres showcases de danza e ás actividades arredor da zona de mercado que, como en anos anteriores, quedará instalada no Auditorio de Galicia con 16 expositores de asociacións e empresas do sector.

EXHIBIRANSE XUNTO A 18 MONTAXES GALEGAS DE TEATRO, DANZA E NOVO CIRCO DURANTE A 18ª EDICIÓN DO ENCONTRO, QUE TERÁ LUGAR DO 18 AO 21 DE OUTUBRO

Tres espectáculos andaluces completan a carteleira da Feira Galega das Artes Escénicas 2010 Documento anexo

[13/08/2010] As compañías andaluzas Teatro del Velador, La Rous e Histrión Teatro exhibirán os seus últimos espectáculos en Santiago no marco da Feira Galega das Artes Escénicas 2010, que completa así unha carteleira artística na que figuran tamén 18 propostas galega de teatro, danza e novo circo. A Agadic (Axencia Galega das Industrias Culturais) da Consellería de Cultura e Turismo organiza esta décimo oitava edición do evento, que se celebrará do 18 ao 21 de outubro e para o que xa teñen confirmada a súa asistencia un cento de programadores, distribuidores e produtores do sector escénico procedentes de diferentes puntos da Península.

SEIS ESCENARIOS DE SANTIAGO ACOLLERÁN DO 18 AO 21 DE OUTUBRO A EXHIBICIÓN ANTE PÚBLICO ESPECIALIZADO DE 18 ESPECTÁCULOS GALEGOS E 3 DE FÓRA

Teatro, danza e novo circo conforman a carteleira galega da Feira das Artes Escénicas 2010 Documento anexo

[08/07/2010] Un total de 18 propostas galegas de teatro, danza e novo circo foron seleccionadas para integrar a carteleira artística da XVIII Feira Galega das Artes Escénicas que, organizada pola Consellería de Cultura e Turismo a través da Agadic (Axencia Galega das Industrias Culturais), terá lugar do 18 ao 21 de outubro en Santiago de Compostela. Esta selección realizouse atendendo tanto aos niveis de distribución das compañías na Rede Galega de Teatros e Auditorios como aos criterios artísticos valorados por unha comisión, que se encargará así mesmo de decidir que tres espectáculos de fóra de Galicia completarán o programa desta nova edición do evento.

A AGADIC ABRE ATA O 7 DE XUÑO O PRAZO DE INSCRICIÓN DE PROPOSTAS GALEGAS

A Feira Galega das Artes Escénicas 2010 celebrarase do 18 ao 21 de outubro con 21 espectáculos Documento anexo

[24/05/2010] A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) prepara a décimo oitava edición da Feira Galega das Artes Escénicas, que se celebrará do 18 ao 21 de outubro nun total de seis espazos de Santiago de Compostela e presentará un cartel artístico de 21 espectáculos de teatro e danza, 18 deles a cargo de compañías galegas. Para estas últimas, a organización mantén aberto dende hoxe e ata o vindeiro 7 de xuño o prazo de recepción de propostas cara á configuración deste programa de exhibición, que se desenvolverá diante de máis dun centenar de programadores, distribuidores e outros axentes culturais de toda Galicia, así como do resto do Estado e de Portugal.

Anteriores


Español



Axencia Galega das Industrias CulturaisXunta de Galicia