SGAE - Teatro ARTeria




SGAE - Teatro ARTeria

Auditorio SGAE
Finca Vista Alegre. Rúa das Salvadas, s/n. CP. 15705
ARTeria Noroeste abriu as súas portas en 2008 co obxectivo de se converter en centro de axitación da vida cultural compostelá e galega. Este novo espazo dispón dunha sala-auditorio e un estudio multiusos-sala de proxeccións (180 m2 aproximadamente cada unha destas dependencias) dúas aulas de formación e dous estudios de produción (audio e vídeo), ademais das oficinas destinadas á administración da SGAE en Galicia.

O edificio nace coa vocación de ofrecer un servizo plural ao talento galego nas diferentes disciplinas: música, artes escénicas e audiovisual. ARTeria Noroeste quere ofrecer unha programación interesante e diversa de pequeno formato, poñer en valor o feito diferencial galego (sen perder de vista os contextos estatal e iberoamericano) e deseñar cursos e obradoiros que axuden a crear profesionais máis completos e a fortalecer o noso tecido cultural.

Planos do Teatro ARTeria en formato pdf

Interior da Sala ARTeria

Interior da Sala ARTeria

« Volver

Son

Reforzo Sonoro:
  • L/R: 1 x UPA-1P + 1MD1SUB todos de Meyersound (ampliable con 2 UPAS máis).
  • Frontfill: 2 x UPM Meyersound.
  • Sidefill/Canal Central: 1 x UPA-1P Meyersound.
  • Surround: 10 x MM4 Meyersound.
  • Monitores: Segundo produción.
Mesa de mesturas:
Yamaha M7CL (inc. o transporte de sinal incorporado)
Transporte de sinal: dende escenario ao control e viceversa. Convertedores Yamaha AD8+ sistema transporte dixital Light Viper capaz de xestionar 32 sinais cara ao control e 8 desde control con posibilidade de enviar a diferentes puntos do recinto 2 copias idénticas dos 32 sinais mencionados. Ademais hai 8 liñas de comunicación directa mediante mangueira convencional.
Microfonía inarámica:
  • 6 canles Sennheiser serie Evolution 300 (preinstalación para 8ch).
Microfonía cable:
  • DPA, DPA-4066-F, 2
  • Shure, MX-412 D/N, 4
  • Shure, SM58, 4
  • Shure, SM57, 4
  • Sennheiser, e604, 4
  • Neumann, KM184 st set, 1
  • Sennheiser, MKH-416, 2
  • AKG, D112, 1
  • K&M (Pies), 252

Video/proxección

  • Pantalla motorizada 4,5m x 3,5m.
  • Proxector Sony VPLFx52 6000 lumens na sala.
  • Preinstalación para trasladar á cabina proxector SONY SRX110 (4K) dende a sala de cine anexa.
  • Sistema de 3 cámaras Sony BRC 300 (SDI) con control foco /Iris pan/tilt dende control mediante panel BRM300.
  • Misturador/tituladora/control de cámara SONY Anycast station AWS G500.

Iluminación

12 caixas repartidas polo teito cada unha delas incorpora as seguintes tomas: 1 toma de motor, 1 toma CEE 32 A (dimmers 5Kw) 6 schuko (dimmers 3Kw) 1 schuko (toma directa), toma paralela conexións anteriores en karting, conexión dmx conexión ethernet (RJ45).
Focos:
  • Recorte 15 a 30º, ETC, Source Four Zoom 1530, 6
  • Recorte 25 a 50º, ETC, Source Four Zoom 2550, 12
  • Focos PC, SELECOM, COMPACT PC1200, 18
  • Fresnel, SELECOM, COMPACT F1200, 12
Dimmers:
  • Armario, ETC, SENSOR, 1
  • O armario posúe unha capacidade de 48ch 3kW y 5kW dif /ch.
Mesa:
  • Mesa 96ch, ETC, SMART FADER, 1

Equipamento escénico

  • Motores auditorio 250Kg Verlinde stagemaker SM2 14
Chan
  • Tarimas 2x1, Nevoflex, 21
Trusses e estrutura
  • Truss cuadrangular, Milos, Quatro 222x222, 6 de 7m
  • Truss vara celosia, Milos, Duo, 5 de 7m
Textis
  • Cortina Acústica motorizada, Gerriets 650gr/m2
  • Cortina Difusora (Voile), Gerriets
  • Bambalinón
  • Cortina americana
  • Cámara negra

Español



AGADICXunta de Galicia. Consellería de Cultura e Turismo