Salón Teatro




Salón Teatro

Salón Teatro
Rúa Nova, 34. 15705, Santiago de Compostela
881 867 229 (oficina) | 881 867 223 (despacho de billetes)
Situado na zona histórica de Santiago de Compostela, o Salón Teatro foi reinaugurado en 1999 tras unha intervención arquitectónica que permitiu recuperar para a escena este espazo do ano 1920, despois de dúas décadas sen representacións.

Xestionado na actualidade pola Consellería de Cultura e Deporte a través da AGADIC, o teatro acolle a exhibición en Compostela de todas as producións do Centro Dramático Galego —que ten a súa sede neste local—, ademais dunha programación aberta ás distintas disciplinas escénicas.

Planos do Salón Teatro en formato pdf

  • Máis información sobre o Salón Teatro na web do Mirem (mapa informatizado de recintos escénicos e musicais de España).

« Volver

Iluminación

  • Mesa de control ETC Express 48/96 de 192 canais e 2 saídas DMX 512
  • Dímmers de 108 canais de 2,5 kw
  • 10 fresneis Stran de 1.000 w, cantata F, viseiras e portafiltros
  • 30 PCS Selecom de 1.000 w, 6pc, 42º/62º, halóxeno, viseiras e portafiltros.
  • 15 PAR 64 Teatro de 1.000 w, lámpada nº 5 ou nº 1.
  • 8 recortes ETC source four -19º de 750 w
  • 8 recortes ETC source four -26º de 750 w
  • 8 recortes ETC source four -36º de 750 w, 8 iris e 10 portagobos
  • 8 recortes ETC source four -25º/50º de 750 w
  • 6 panoramas asimétricos ADB (CDG) de 1.000 w

Son

  • 1 mesa de mesturas Yamaha ga 24/12 de 24 canais, 12 buses, entradas balanceadas con XLR, alimentación Phanton, ecualización 4 bandas e 4 retornos auxiliares estéreo
  • 1 reprodutor Denon con Doble C.D. profesional
  • 4 amplificadores Renkus r-h, mod.PA80 de 350 w por canal a 4 Ohms
  • 4 Renkus-heinz stkf, STK de 200W/RMS, 80hms, 2 x woofers 8", 1 x trompeta de 1"
  • 2 Renkus- heinz Q15 de graves con 2 woofers de 15" e bobina de 3", corte crosso, Er 120Hz, 8 Ohms
  • Procesador de sinal Renkus-heinz, modelo SP-22 tipo full-range engastable en etapas PA
  • 4 monitores F.BT. LM-30ª con autoamplificado de 150 w/RMS, SPL máx. 123dB, 1x woofer de 10", 1x tweeter de 1" con difusor
  • 2 monitores F.B.T Jolly 3ª con autoamplificado 60w/RMS, SPL máx. 114 dB, en cabina
  • 2 ecualizadores Stager line meq-231/I con ecualizador analóxico con xerador de ruído rosa
  • 2 ecualizadores Musicson Q 15 con ecualizador gráfico de 2 x 15 e bandas de 3/3 oitava
  • 6 micrófonos Akg D-770, dinámico para instrumentos
  • 6 micrófonos Akg D-880, dinámico para vogal
  • 1 intercomunicador Espiral modelo EF-100 con estación principal con fonte de alimentación interna, 2 canais independentes, control de volume e avisador
  • 1 megafonía de público, amplificador FBT modelo PRO 300 de 300 w
  • 3 megafonías de público, altavoz de megafonía Optimus modelo A228, AT3 9w máx. 70/10.000 Hz
  • Megafonía de camaríns de características semellantes á megafonía do público

Tremoia

  • 4 varas electrificadas motorizadas
  • 26 varas contrapesadas
  • 10 varas manuais de 4 tiros
  • 4 motores puntuais de 250 kg.
  • 4 burras ou torres de rúa electrificadas
  • Pano americano manual ou motorizado escenario/cabina

Cortinaxe

  • Pano de fondo, negro, de 9x6 m
  • Ciclorama retropro., gris, de 9x 7 m
  • 4 bambolinas negras de 9 x 2 m
  • 6 patas negras de 3 x 6 m
  • Ciclorama retropro., gris, de 9x 7 m

Medidas do escenario

  • Proescénico: 1 m
  • Fondo: 6 m
  • Fondo detrás do fondo negro: 1 m
  • Largo: 10 m
  • Ombro esquerdo:1,30 m
  • Ombro dereito: 0,75 m
  • Altura embocadura: 6 m
  • Distancia entre varas electrificadas: 1 m

Varios

  • 8 torres de rúa
  • Rede de cabo suficiente
  • 16 circuítos de chan

Español



AGADICXunta de Galicia. Consellería de Cultura e Turismo