Carteleira




SÓLODOS

SÓLODOSneodans

Autoría: Maruxa Salas, Erick Jiménez
Dirección: Maruxa Salas, Erick Jiménez

Escenografía: SÓLODOSneodans
Iluminación: Santiago Mañasco
Vestiario: Ruth D. Pereira, Paloma Alajarín e SÓLODOSneodans
Música: Rodrigo Leão, Julián Ávila, Nitin Sawhney e Mercedes Peón
Elenco: Amparo Novas, Manuel Garzón, Maruxa Salas, Erick Jiménez

SÓLODOS é un espectáculo formado por diferentes pezas de danza independentes entre si, a xeito de pequenos relatos bailados por dúas persoas. Caracola (creada en 2007), Nozomi (2009), Mareia (2004) e Vigilia en ausencia (2010) son as catro pezas que conforman SÓLODOS.
Xénero: Danza
Duración do espectáculo: 60'
Público preferente: Adulto

SÓLODOSneodans


SÓLODOSneodans é un proxecto para comunicar e dialogar. Está aberto a unha pluralidade de obxectivos, e a procura é o principal motor artístico.
Ademais dos seus propios proxectos, SÓLODOSneodans traballa para diferentes estruturas relacionadas co mundo das artes escénicas; colabora asesorando, impartindo diversos obradoiros, asistencias de dirección coreográfica e creando proxectos escénicos para distintas institución nacionais e internacionais.
Os seus últimos traballos son: Reposo azul (2008), creación para o Centro Andaluz de Danza de la Junta de Andalucía -dirixido pola coreógrafa Blanca Li-, que foi estreada no Teatro Central de Sevilla e programada no Teatro Fernando Fernán Gómez, dentro da programación de Los Veranos de la Villa de Madrid 08, así como na gala do II Certamen de Interpretación y Coreografía de Andalucía 09 no Teatro Central de Sevilla; e Nozomi (2009), peza estreada para a gala de danza Alicia Alonso no Real Monasterio de El Escorial, Madrid.
En 2009 encargouse da coordinación do departamento de formación, pedagóxico e residencias artísticas do Centro Coreográfico Galego.
En 2008 desenvolve o obradoiro de Creación no Centro Coreográfico de Le Pacifique CDC de Grenoble en Francia, baixo a dirección da coreógrafa Cristiane Blaisse, e o de Composición Coreográfica para a Asociación de Profesionais da Danza de Donostia, en Arteleku, Donostia. Nese ano participa tamén no Festival de danza na rúa Empape 08, A Coruña.

SÓLODOSneodans
Tel.: 672 790 598 / 630 742 946
neodansa r r o b agmail.com



Español



AGADICXunta de Galicia. Consellería de Cultura e Turismo