Carteleira




O día que chegou unha nube e choveu

Trompicallo

Autoría: Marián González, Luis González
Dirección: Luis González

Escenografía: Trompicallo
Iluminación: Luis González
Son: Trompicallo
Vestiario: Marián González
Música: Trompicallo
Elenco: Marián González

Había unha vez que non había nada máis que pedras. Entón chegou unha nube, choveu e formouse un manancial. Coa chegada da auga creceu a herba, e na herba, as flores e as árbores. Na auga naceron os peixes e as ras; despois chegaron os insectos, os paxaros, as ovellas, o lobo…, en fin, a vida. Pero, que acontece cando un día a auga desaparece?
Xénero: Teatro de monicreques
Duración do espectáculo: 30'
Público preferente: Infantil

TROMPICALLO


A compañía Trompicallo fúndase no ano 1997 e está integrada por Luis González e Marián González, ambos cunha grande experiencia no teatro de marionetas.
Ata o momento levan estreados o seguintes espectáculos, case todos eles presentes nos principais circuítos e festivais do Estado: Manoladas (1998), Drácula (2000), Jiñol (2002), Manolito Camaleón (2003), Nadarín (2004), Bolboreta (2006), Violeta coletas contra as salchichas Gulp (2009) e O día que chegou unha nube e choveu (2010).

Trompicallo
Tel.: 981 534 134 / 679 449 970
emedousa r r o b aemedous.com
www.trompicallo.com



Español



Axencia Galega das Industrias CulturaisXunta de Galicia