Carteleira




La casa del abuelo

La Rous

Autoría: Rosa Díaz
Dirección: Rosa Díaz, Maurizio Zabaleta

Adaptación: Rosa Díaz, Ángeles Jiménez
Escenografía: José Toral
Iluminación: Retalo 2004
Son: Maite Campos
Vestiario: Ángeles Jiménez
Música: Mariano Lozano-P
Elenco: Rosa Díaz

O avó vive na súa rutina: lávase á mesma hora, almorza á mesma hora, pasea á mesma hora. Un día, as súas pernas deciden deixar de camiñar e, pouco a pouco, vaise apagando.
Cando o avó se vai para sempre, os que quedan constrúen unha casa moi preto del para que non se sinta só.
Así continúa a historia: placidamente, abrindo e pechando caixóns; lembrando con cariño, "a través da maxia dun escritorio", o que foi a súa vida.
Din que os que se van sobreviven grazas á lembranza que deles perdura nos que os amaron...
Xénero: Teatro de monicreques
Duración do espectáculo: 60'
Público preferente: Infantil de 7 a 12 anos

LA ROUS


La Rous é unha compañía creada o 8 de agosto de 2008 por Rosa Díaz, actriz, directora e autora de teatro desde 1984.
Rosa Díaz formou parte de compañías como Teatro Fénix, de Albacete, da que foi fundadora; a compañía de rúa Johannes Vardar, de Cataluña, e Cambaleo Teatro, de Madrid. Colaborou con La Tartana Teatro e Comediants participando na cabalgata Expo do 92.
Residente en Granada desde o ano 1992, crea en 1993 a compañía Laví e Bel, e no ano 1999, Lasal Teatro.
Nos últimos anos dedicouse exclusivamente ao traballo de dirección, desenvolvendo o seu labor en compañías como: Gar Producciones, de Donostia; Vagalume Teatro, de Granada; Lí Home Dibuixat, de Castelló (candidato aos Premios Max 2009); Axioma Teatro, de Almería; Karlik Danza Teatro, de Estremadura, e La Maquiné, de Granada.
O seu primeiro traballo como compañía La Rous é La casa del abuelo, coa que obtivo o premio ao mellor espectáculo no festival de teatro para nenos e nenas Feten 2009.

La Rous
Tel.: 958 124 305 / 619 420 026
larousteatroa r r o b agmail.com
www.larous.es



Español



AGADICXunta de Galicia. Consellería de Cultura e Turismo