Carteleira




Homes… mulleres: o paraíso terreal

Teatro de Ningures

Autoría: Paula Carballeira, María Armesto, Santiago Cortegoso
Dirección: Etelvino Vázquez

Escenografía: Pablo Giráldez "O Pastor"
Iluminación: Etelvino Vázquez
Son: Anxo Graña
Vestiario: Sonia Rúa
Música: Anxo Graña
Elenco: Casilda Alfaro, Pepa Barreiro, Marián Bañobre, Santiago Cortegoso, Fran Paredes, Sonia Rúa, Salvador del Río

A parella (ou a súa ausencia) amósase como un dos conflitos fundamentais do individuo na sociedade contemporánea. E é evidente que este conflito pode adoptar múltiples formas e manifestacións. Xera ao seu redor todo un mundo de material emotivo e intelectual. As persoas temos que definirnos: unha parte fundamental da nosa identidade vénnos dada polo estilo de parella que adoptemos (ou pola ausencia dela, voluntaria ou non). Este universo é o punto de partida do proceso de escrita para este espectáculo. Ábrese unha porta na que construímos un amplo abano de personaxes e relacións humanas que son unha fonte inesgotable de humor. Un humor que chegará da identificación por parte do público de situacións e comportamentos observables no día a día: reflexións que están detrás das accións máis cotiás, pero que teñen unha transcendencia fundamental nas nosas vidas.
Xénero: Teatro de actor
Duración do espectáculo: 110'
Público preferente: Adulto

TEATRO DE NINGURES


Despois de máis de vinte anos de actividade teatral profesional, Teatro de Ningures (fundada en 1986) reúne unha serie de recursos humanos, técnicos e materiais que fan desta compañía unha das máis estables de Galicia e un punto de encontro imprescindible para os profesionais do sur do país, así como unha referencia no panorama teatral galego. Ao longo desta traxectoria levaron aos escenarios unhas 25 montaxes teatrais de autores clásicos e contemporáneos, tanto galegos como estranxeiros, así como versións/adaptacións de novelas, contribuíndo deste xeito ao enriquecemento do teatro galego. Esta compañía está presente desde a súa fundación na maioría dos concellos galegos por medio da rede de teatros e dos circuítos teatrais ou en campañas de captación de público escolar, e tamén en numerosos festivais e xornadas teatrais tanto de Galicia como do resto de España e Portugal.

Teatro de Ningures
Tel.: 986 304 817 / 654 464 360
teatrodeninguresa r r o b ahotmail.com, infoa r r o b ateatrodeningures.com
www.teatrodeningures.com


Español



AGADICXunta de Galicia. Consellería de Cultura e Turismo