Carteleira




Frankenstein

Ghazafelhos

Autoría: Pepablo Patinho
Dirección: Pepablo Patinho

Escenografía: Ghazafelhos, Leandro Lamas
Iluminación: Ana Díaz
Son: Jorge Casas
Vestiario: Montse Piñón
Música: Jorge Casas
Elenco: Montse Piñón, Jorge Casas, Pepablo Patinho

Existe realmente Frankenstein?
Que pode agocharse tras un castelo escuro perdido no medio das montañas? Quizais algo que non quere ser descuberto ou quizais algo que espera que o descubran...
A Dra. Mon Champignom e o Dr. Pe Arrepío embarcaranse nunha nova aventura para tratar de botar luz sobre tal misterio... Existe ou non o monstro de Frankenstein?
Xénero: Teatro de actor
Duración do espectáculo: 80'
Público preferente: Infantil de 7 a 12 anos

GHAZAFELHOS


Ghazafelhos nace en 2005 cando Montse Piñón e Pepablo Patinho forman unha compañía de teatro infantil e xuvenil. Logo de interpretar obras de monicreques e contacontos, como A música de Sabela e A polo Rato Pérez, ou Contos de lobo, fusionan as dúas expresións para crear A orixe dos Ghazafelhos, unha obra de teatro infantil e xuvenil que se estreou o 14 de setembro de 2007 no auditorio municipal de Narón. En 2008 estrean Prinssessass. En 2009 estrean Contos mariñeiros, cunha moi boa acollida nos teatros. Nese ano tamén fan o pasacalles Camiño a Samarcanda e pequenas obras de formato medieval como A queima da Bruxa e espectáculos de rúa como Contos para escagarriñarse. En 2010 estrean Frankenstein, unha obra con grandes efectos de tremoia que introducen o espectador nunha fascinante aventura nas entrañas dun castelo.

Ghazafelhos
Tel.: 606 569 549 / 606 940 331
pepablo.patinhoa r r o b agmail.com
www.ghazafelhos.es



Español



AGADICXunta de Galicia. Consellería de Cultura e Turismo