Carteleira




Circo á feira: racións de Novo Circo Galego

Lusco e Fusco, Arrepentimentos de Padrón, Roces e Goces, Duelirium, Almacabra Teatro-Circo

Autoría: creación colectiva
Produción: Asociación de Novo Circo Pistacinco

Elenco: Pablo Reboleiro, Alfredo Pérez Muíños, Antón Coucheiro, Borja Fernández, Raquel Oitavén, Mercé Solé, Sue Moreno, Alfonso Medina, Aitor Garuz, Vanesa Rivas, Yolanda Paz

Circo á feira é unha degustación do que se coce no caldeiro do Novo Circo Galego, un espectáculo que reúne extractos de cinco producións de compañías galegas: aéreos, acrobacias, clown, teatro e malabares xuntos nun dispositivo escénico contemporáneo.

Duelirium, Aviadoras. Acrobacias aéreas artelladas para contar a historia de dúas mulleres excepcionais, a norteamericana Tiny Broadwick e a soviética Marina Raskova.

Almacabra, Nas nubes. Proposta visual e poética, dirixida a un público familiar, na que se combinan acrobacias aéreas, malabares, zancos e manipulación de obxectos.

Lusco e Fusco, Encontros (teatro acrobático). Espectáculo multidisciplinario no que o teatro físico, a danza e o novo circo se conxugan para crear un código propio de expresión.

Arrepentimentos de Padrón, ADN (teatro físico-científico). Proxecto dun espectáculo de teatro que mestura a interpretación de dous actores coa proxección audiovisual para narrar unha historia dramática cos recursos cómicos do clown.

Roces e Goces, Roces e Goces (clown malabarístico) ao máis puro estilo de rasca e pica e con diferentes habilidades circenses. Estes dous clowns pasados de rosca fan da violencia unha brincadeira.

PASEN, VEXAN E COMPREN A RACIÓN COMPLETA PARA O SEU CONCELLO PARTICULAR.
CIRCO GALEGO. CALIDADE DE CONFIANZA.
Xénero: circo
Duración do espectáculo: 90'
Público preferente: Todos os públicos

MOSTRA DO NOVO CIRCO GALEGO

Lusco e Fusco, Arrepentimentos de Padrón, Roces e Goces, Duelirium, Almacabra Teatro-Circo

Organiza: Asociación Galega de Novo Circo e Cabaré Pistacinco
Tel.: 981 937 825
pistacincoa r r o b agmail.com
circonove.blogspot.com
Apoios: Pistacatro, Salanasa, Colectivos Pistacinco, Pistacatro, Manicomicos, Malandraxe e Circonove


Español



AGADICXunta de Galicia. Consellería de Cultura e Turismo