Carteleira




Botazz! O swing do jazz

Galitoon

Autoría: Luis Miguel Rodríguez, Santiago Alonso
Dirección: Luis Miguel Rodríguez

Escenografía: Santiago Alonso
Iluminación: Dani Abalo
Son: Dani Abalo
Vestiario: Lola Gómez
Música: Raymundo Salazar
Elenco: Chisco Casteleiro, Santiago Alonso, Xurxo Cortázar, Rogelio Lema
Músicos: Lucas Fixel (batería), Rafael Fernández (guitarra), Antonio Bello (contrabaixo), Manuel Otero (trompeta)

Un can, dous gatos, un rato e catro músicos, sobre o escenario. Botazz é un can cheo de pulgas que vive feliz ata o día en que perde o seu maior tesouro: o seu oso, roubado polos gatos vándalos do barrio. Toz e Moko, os dous gatos tolos e pícaros, gozan amolando a Botazz e a Timo, un pequeno rato ao que tamén lle roubaron o seu ben querido: o seu queixo. Pero a sorte de Toz e Moko cambiará cando Botazz e Timo se coñezan e decidan urdir un plan para recuperar os seus tesouros. De que vai o plan? Quen lles axudará a Botaaz e a Timo? Estas e outras cousas cóntanse en Botazz! O swing do jazz.
Xénero: Monicreques
Duración do espectáculo: 50'
Público preferente: Infantil de 3 a 7 anos

GALITOON


Galitoon é unha empresa galega de televisión, teatro e espectáculos que fusiona técnicas e medios nunha constante experimentación por atopar un selo propio e un modelo creativo de negocios baseado en contidos intelixentes. Entre os seus traballos en televisión destacan o galo Cecilio de Supermartes, as vacas Pinta e Marela de Luar ou o programa Cousiñas. No eido teatral, cómpre citar a varias veces premiada Golulá, ademais de Babiliglub e Rosalía, a pulga que escribía, coas que a compañía segue xirando por Galicia, por todo o resto do Estado e, tamén, polo exterior (Cuba, Portugal...).

Galitoon
Tel.: 981 819 024 / 676 256 031
teatroa r r o b agalitoon.com
www.galitoon.com



Español



AGADICXunta de Galicia. Consellería de Cultura e Turismo