Carteleira




A filla de Woody Allen

Santiago Cortegoso

Autoría: Santiago Cortegoso
Dirección: Santiago Cortegoso

Coreografía: Carmela Bueno
Escenografía: Marián Bañobre
Iluminación: Salvador del Río
Son: Anxo Graña
Vestiario: Marián Bañobre, Raquel Martínez
Elenco: Marián Bañobre

O punto de partida de A filla de Woody Allen é o inicio dunha viaxe; unha viaxe da protagonista na procura de seu pai, do cal só sabe que vive en Nova York e que lle manda un agasallo cada ano polo seu aniversario. Estes agasallos son tesouros para ela e constitúen un crebacabezas co que foi construíndo un mito que a acompaña no seu desenvolvemento vital. Atoparse con ese mito revélase como a vía para acadar a felicidade, pero tamén supón unha fuxida dunha vida cotiá insatisfactoria. Ela loita. É incansable. É vitalista. E pon todas as súas esperanzas nese ser descoñecido. A viaxe a Nova York é a viaxe a un mundo ideal; é a procura de algo por definir, unha interrogante vital que non sabe se será respondida.
Xénero: Teatro de actor
Duración do espectáculo: 70'
Público preferente: Adulto

SANTIAGO CORTEGOSO


Despois de anos de traxectoria profesional como actor en Teatro de Ningures, Morcego, A Factoría, Nove Dous e Balea Branca, como codirector da Aula Universitaria de Pontevedra e como autor: El charco de Ulises (Iberescena 2010), 0,7% Molotov (Premio Dieste 2009), Des-Memoria-2 (para Disque Danza), Os cómicos dell'auto (para Ningures), Hámster (Magalia 2008, Sala Triángulo 2009) e Casa O’Rei. Traxicomedia gastronómica (Ed. Morgante), Santiago Cortegoso promove o seu propio selo de creación para emprender proxectos teatrais dun xeito persoal e independente.

Santiago Cortegoso
Tel.: 986 102 832 / 696 730 037
cortegosoa r r o b ahotmail.com
www.afilladewoodyallen.blogspot.com



Español



AGADICXunta de Galicia. Consellería de Cultura e Turismo