Carteleira




Volpone

Talía Teatro

Autoría: Ben Jonson
Dirección: Roberto Salgueiro

Adaptación: Roberto Salgueiro
Escenografía: Roberto Salgueiro
Iluminación: Roberto Salgueiro
Son: Dani Trillo
Vestiario: Roberto Salgueiro
Elenco: Artur Trillo, Toño Casais, Dani Trillo, Diego Rey, María Ordóñez, Marta Ríos, David Creus, Gustavo G. Dieste, Rubén Prieto

Unha divertida comedia que retrata satiricamente nobres e non tan nobres señores, que teñen como principal interese reunir fortunas sen importar o ridículo que teñan que facer nin o custo que outros teñan que pagar.
O señor Volpone é un nobre, dono de abundantes riquezas, que finxe estar no seu leito de morte co fin de enganar os que desexan herdar a súa fortuna, ofrecéndolles a través do seu criado, o astuto Mosca, ser os seus únicos herdeiros.
Nesta comedia poderemos rirnos de nós mesmos ao ver unha historia que fala dun dos nosos peores defectos: a corrupción.
Volpone é un texto orixinal de Ben Jonson escrito no ano 1606, un dos textos clásicos máis representados na época que agora presenta Talía Teatro versionado e dirixido por Roberto Salgueiro e que será representado por un elenco de nove actores nunha proposta escenográfica e de vestiario moi fiel á orixinal.
Xénero: Teatro de actor
Duración do espectáculo: 110'
Público preferente: Adulto

TALÍA TEATRO


Desde a constitución da compañía hai xa vinte anos, Talía Teatro leva estreados vintecinco espectáculos. Actualmente mantén en repertorio sete espectáculos de distinto formato.
A súa liña de traballo caracterízase por enfocar as montaxes a un amplo abano de públicos, desde aqueles dirixidos a público infantil, como Menos lobos, Valentino Rufini e Âkil Pillabán de viaxe a Milán (e van sen un can) e Mundos contados (contacontos), e a público xuvenil/adulto, como Bicos con lingua e Quero ser grande, ata aqueloutros que teñen como principal destinatario o público adulto, caso das obras E ti, quen vés sendo? e Palabras encadeadas.

Talía Teatro
Tel.: 981 943 242 / 630 877 153
infoa r r o b ataliateatro.es
www.taliateatro.es



Español



Axencia Galega das Industrias CulturaisXunta de Galicia