Carteleira




O incerto señor don Hamlet

Sarabela Teatro


Sarabela Teatro suspendeu a súa participación na Feira Galega das Artes Escénicas 2010 en sinal de dó polo recente falecemento do seu actor e xefe técnico Suso Díaz.
___________________________________________________________

Autoría: Álvaro Cunqueiro
Dirección: Ánxeles Cuña Bóveda

Escenografía: Suso Díaz
Iluminación: Suso Díaz
Son: Renata Coda Fons
Vestiario: David Rubín, Ruth Díaz Pereira
Música: Renata Coda Fons
Elenco: Josito Porto, Elena Seijo, Sabela Gago, Fernando Dacosta, Nate Borrajo, Tito R. Asorey, Suso Díaz, Fina Calleja

Hamlet recibe unha nova sorprendente: non é fillo do seu pai lexítimo (o rei envelenado), senón do seu tío Halmar, o asasino e usurpador do trono. A desolación e o vento apoderáronse de Elsinor.
Sarabela Teatro achéganos a unha obra única de Álvaro Cunqueiro, O incerto señor don Hamlet, texto lírico, intertextual e complexo que leva implícito ritmo, musicalidade e escrita marabillosa. Unha montaxe na que se equilibran as forzas: amor e morte.
Toda a traxedia xira arredor da responsabilidade humana nun mundo en descomposición. O incerto señor don Hamlet, príncipe de Dinamarca, establece pontes entre tradicións culturais. Cunqueiro toma o mito de Hamlet (príncipe histórico-lendario da Dinamarca do século I, que sería inmortalizado por Shakespeare) e fai del unha reinterpretación orixinal, mesturando o mito nórdico de Hamlet co clásico de Edipo e adaptándoo á sociedade actual. De amores malditos trata.
Xénero: Teatro de actor
Duración do espectáculo: 90'
Público preferente: Adulto

SARABELA TEATRO


Recoñecida como unha das compañías máis consolidadas de Galicia, Sarabela Teatro leva 30 anos de traballo incesante nos que o compromiso coa realidade se manifesta en cada un dos seus espectáculos.

Sarabela Teatro
Tel.: 988 247 483 / 629 860 580
sarabelateatroa r r o b ayahoo.es
www.sarabelateatro.com



Español



Axencia Galega das Industrias CulturaisXunta de Galicia