Carteleira




Memoria de Helena e María

Teatro do Atlántico

Autoría: Roberto Salgueiro
Dirección: Xúlio Lago

Escenografía: Rodrigo Roel
Iluminación: Xúlio Lago
Vestiario: Susa Porto
Música: Fran Pérez "Narf"
Elenco: Lucía Regueiro, María Barcala

Nos meses previos á Guerra Civil, nunha vila de Galicia, prodúcese o primeiro encontro entre Helena e Manuel: "...e entrou el. Ao pasar ao meu carón sorriume, fitoume, e xa non houbo máis olladas nin máis soños. Amar. A miña vida comeza nel" (Helena. Escena VII).
A chegada da Guerra de 1936 vai levar a Manuel á fronte republicana, e a súa vida vai rematar en Albacete un ano despois: "Está enterrado nunha foxa común a doce quilómetros de Quintanar del Rey" (Helena. Escena I).
Á morte de Manuel, Helena, a súa viúva, fica na vila coa súa pequena filla, María, froito daquel amor, e con outra herdanza, deixada tamén polo seu home, que ha traer dramáticas consecuencias. Sesenta anos despois, por boca da súa filla, imos coñecer as características da tal herdanza e as consecuencias da súa conservación.
Polo medio, hospicio, convento, máis Guerra Civil, emigración, fariña de millo, memoria sensitiva, memoria histórica, lembranzas marabillosas, vinganzas, amores, soños, casa de bonecas, dozura... libros.
Xénero: Teatro de actor
Duración do espectáculo: 80'
Público preferente: Adulto

TEATRO DO ATLÁNTICO


Teatro do Atlántico leva realizadas ata o momento 26 producións, entre as que cabe destacar Casa de bonecas, de Ibsen; A noite das tríbades, de Olov Enquist; O cerco de Leningrado, de Sanchis Sinisterra; O encoro, de Conor McPherson; A raíña da beleza de Leenane, de Martín McDonagh, ou Unha primavera para Aldara, de Teresa Moure.
As súas producións son representadas por toda Galicia e teñen realizado xiras por case todas as comunidades do Estado español, con participación tamén en numerosos festivais nacionais e internacionais de teatro.

Teatro do Atlántico
Tel.: 981 678 103 / 608 380 471 / 618 256 424
teatrodoatlanticoa r r o b ayahoo.es



Español



AGADICXunta de Galicia. Consellería de Cultura e Turismo