Carteleira




In

Elefante Elegante

Autoría: María Torres
Dirección: María Torres

Adaptación: Gonçalo Guerreiro
Escenografía: Gonçalo Guerreiro
Iluminación: Octavio Mas
Son: Germán Gundín
Vestiario: María Chenut
Música: Varios
Elenco: María Torres, Gonçalo Guerreiro, Ángela Blanco, Fredi Muíño, Nuria Sotelo

Un espectáculo sensitivo e universal que indaga na representación contemporánea da figura social. A súa poesía visual nace da fusión do teatro coa danza, o vídeo e as artes plásticas. In significa "dentro" en inglés e "estar in" quere dicir "estar na moda". In xorde da ambivalencia entre o ser e o parecer. O de dentro, como a nosa identidade, e o de fóra, o aspecto que podemos manipular, disfrazar e cambiar. A confrontación do interior coa aparencia. Somos o que parecemos? Somos ou só parecemos? In foi creado a partir da peza A voda dos pequenos burgueses de Bertold Brecht e dos contos de Andersen e Grimm. A acción desenvólvese ao redor da celebración dunha voda. A actitude afectada e hipócrita dos noivos e convidados esgótase rapidamente para dar lugar a comportamentos de envexa, celos e luxuria, cun pseudoideal de beleza como pano de fondo.
Xénero: Teatro de actor
Duración do espectáculo: 75'
Público preferente: Adulto, a partir de 12 anos

ELEFANTE ELEGANTE


O Elefante Elegante crea espectáculos de teatro visual baseados no xesto e no movemento. As súas creacións buscan a universalidade, xurdindo da fusión de diferentes linguaxes: o teatro físico, a danza, as artes plásticas e as artes visuais. A compañía, de orixe galego-portuguesa, foi creada en 2007 por María Torres e Gonçalo Guerreiro e ten a súa sede na Coruña. Nace para dar forma artística ás súas inquedanzas sociais e existenciais. O Elefante Elegante comezou como proxecto experimental no ano 2000 co nome de Teatro Escondido. Este proxecto viaxou durante sete anos entre Galicia, Bélxica e Portugal e del formaban parte actrices e actores de diferentes países europeos. A súa interpretación baseábase no xogo corporal co obxectivo de desenvolver unha linguaxe teatral universal. Estes anos de experimentación foron fundamentais para que puidese nacer o Elefante Elegante. Os seus espectáculos foron acollidos en Galicia, Portugal, Bélxica, Suíza, Francia e Italia.

Elefante Elegante
Tel.: 981 914 554 / 663 031 778
goncaloa r r o b aelefanteelegante.net
www.elefanteelegante.net



Español



AGADICXunta de Galicia. Consellería de Cultura e Turismo