Carteleira




Cásting (a comedia)

lagarta lagarta

Autoría: Roger Justafré
Dirección: Rosa Álvarez

Axudante de dirección: Tero Rodríguez
Adaptación/tradución: Roberto Salgueiro
Escenografía: Ernesto Chao
Iluminación: Alfonso Parra
Vestiario: Rosa Álvarez
Deseño gráfico: Erromar
Interpretación gaita e piano: J. Luís d. P. Orjais
Selección musical: lagarta lagarta
Textos panel Led e textos off: lagarta lagarta
Elenco: María Bouzas, Ernesto Chao, Belén Constenla, Rocío González, Alberto Rolán
Voces en off: María Liaño, Machi Salgado, Xosé Barato, Xosé M. Olveira "Pico", Rebeca Montero, Guille Carbajo

Unha obra ou espectáculo sobre as probas, probas, probas, uf, uf… Probas para atopar traballo, para ser o que non somos, para amar ou para facer o amor, para competir…
En definitiva, sobre as túas probas, espectador ou espectadora, esas polas que xa pasaches ou as que aínda che queden por pasar.
Xénero: Teatro de actor
Duración do espectáculo: 105'
Público preferente: Adulto

LAGARTA LAGARTA


lagarta lagarta, S.L. é unha empresa de produción teatral nada en 2001 que xorde da iniciativa de Ernesto Chao e Rosa Álvarez, dous actores de cumprida traxectoria profesional en Galicia.
Creouse co espírito de facer aqueles espectáculos e proxectos polos que moitos actores esperan e aos que desexan enfrontarse, pero que, por diversas circunstancias, non se puideron levar a cabo no seu momento.
É, polo tanto, unha compañía que pretende estar aberta a todas aquelas propostas interesantes que poidan xurdir. Este é un dos motivos polos que non conta cun cadro fixo de profesionais (directores, actores, deseñadores, etc.), senón que, en cada caso, en
cada produción, se buscan os máis idóneos.
Os seus máis recentes espectáculos son As últimas lúas, Aeroplanos e O segredo dos Hoffman, destacados nos últimos anos pola alta asistencia de público e moi valorados polos espectadores en canto a actores, interese do argumento e posta en escena.

lagarta lagarta
Tel.: 609 432 252 / 675 950 956
lagartalagartaa r r o b ahotmail.com, lagartalagartaproduciona r r o b agmail.com
www.lagartalagarta.blogspot.com



Español



AGADICXunta de Galicia. Consellería de Cultura e Turismo