Carteleira




A Nona

Teatro do Morcego

Autoría: Roberto Cossa
Dirección: Celso Parada

Tradución: Celso Parada
Escenografía: Carlos Alonso
Iluminación: David Deive
Son: Anxo Graña
Vestiario: Carlos Alonso
Música: Anxo Graña
Elenco: Miguel Pernas, Mundo Villalustre, César Martínez "Goldi", Elina Luaces, Mónica Camaño, Miguel Varela, Iolanda Muíño

Nunha familia arxentina, de orixe italiana, hai unha avoa (a Nona) de avanzada idade que come sen parar. Mentres a familia camiña cara á ruína, procuran os máis diversos camiños para gañar diñeiro (prostitución, mendicidade, enganos, etc.). Nun momento de desesperación, a familia comeza a tentar asasinar a Nona, pero son os membros da familia os que van resultando mortos neses intentos por desfacerse dela, ata que, ao final da obra, só queda a Nona.
Xénero: Teatro de actor
Duración do espectáculo: 90'
Público preferente: Adulto

TEATRO DO MORCEGO


Teatro do Morcego é unha compañía fundada no ano 1989 polo actor e director Celso Parada e Isabel Ávila que mantén a súa actividade ininterrompida desde entón. Recibiu premios como os Compostela por Misterio cómico e Doberman, o María Casares por Lazariño de Tormes e foi finalista en varias ocasións. Realizou importantes montaxes, como: O burgués fidalgo, de Molière; Os vellos non deben de namorarse, de Castelao; A gran ilusión, de Eduardo de Filippo; Morte accidental dun anarquista, de Darío Fo, etc.
Na compañía traballaron e traballan importantes actores galegos, como: Maxo Barjas, Luísa Merelas, Santi Prego, X. Estévez, X. Carlos Mosquera "Mos", Carlos Blanco, Paco Campos, Miguel Varela, Mundo Villalustre, Gonzalo Uriarte, E. R. Cunha "Tatán", Pepa Barreiro, Casilda García, Sonia Rúa, Salvador del Río, etc.

Teatro do Morcego
Tel.: 696 416 401 / 607 225 809
t.morcegoa r r o b anaron.es, morcegoa r r o b ateleline.es
www.teatrodomorcego.com



Español



AGADICXunta de Galicia. Consellería de Cultura e Turismo