Carteleira




Un cranio furado

Producións Teatráis Excéntricas, S.L.

Autoría: Martin McDonagh
Dirección: Quico Cadaval

Tradución: Avelino González
Escenografía: Kukas Producións Artísticas, S.L.
Iluminación: Baltasar Patiño
Son: Piti Sanz
Música: Piti Sanz
Elenco: Dorotea Bárcena, Evaristo Calvo, Víctor Mosqueira, Santi Romay

Os feitos acontecen nun país de chan acedo e alta pluviosidade. A emigración e un catolicismo escéptico fan parte do ADN. Podía ser Connemara como podía ser Bergantiños. É máis que aldea e menos que vila. No cemiterio arredor dunha cova aberta convócase toda a curiosidade e a malicia dos superviventes.
O enterrador local, Mick, ten que trasladar os restos da súa esposa, morta sete anos atrás en accidente de tráfico. Pero hai moitos que pensan que non foi un accidente. Entre eles, Tom, un policía local. E Mary-Johny, que prefire non dicir nada, porque aínda é media prima do enterrador. Ademais, hai un rapaz, confundido pola vida nocturna, que serve de axuda ou de estorbo a Mick, o sospeitoso.
Non é unha peza de terror, non é un policial inglés, non é unha serie de TV de forenses, non é unha festa dos Defuntos… mais ten un pouco de todo.
Xénero: Teatro de actor
Duración do espectáculo: 90'
Público preferente: Adulto

PRODUCIÓNS TEATRÁIS EXCÉNTRICAS, S.L.


P.T. Excéntricas é a produtora dos espectáculos de Mofa&Befa (Víctor Mosqueira e Evaristo Calvo), pero estende a súa actividade a outras producións teatrais que non se limitan á actividade do mítico dúo cómico, tan admirado e copiado.
Dos espectáculos de Mofa&Befa cómpre destacar Shakespeare para ignorantes (a obra máis vista en Galicia no primeiro trimestre de 2010), Sempre ao lonxe, Finismundi circus e Para ser exactos.
Entre outros tipos de producións, destacan Obra e Espantoso. Por pedimento de empresas e institucións públicas, Excéntricas fixo espectáculos ad hoc, como a presentación do Plan Galego das Artes Escénicas, Xornadas do Igape, Parlamento Galego, Premios Mestre Mateo, Parques Tecnolóxicos, Instituto Cervantes de Lisboa, etc.
Tamén apoia proxectos unipersoais, como os traballos musicais de Piti Sanz ou as performances de Quico Cadaval.
A compañía foi convidada a festivais como Clásicos en Alcalá, Almagro, Almada, Titirimundi, Autonomías de Madrid, Iberoamericano de Bogotá, etc.

Producións Teatrais Excéntricas, S.L.
Tel.: 981 577 466 / 658 882 227
ruben.excentricasgmail.com
www.excentricas.net



Español



AGADICXunta de Galicia. Consellería de Cultura e Turismo