Saltar menú

Seccións de Especialización e Formación Permanente


Seccións de Especialización e Formación Permanente

O plano de estudos da Escola xira en torno a dous departamentos independentes, aínda que complementarios nos seus obxectivos. Son as seccións de Especialización e de Formación permanente.

Sección de Especialización

Unha media de 40 estudantes recibe clases nesta sección, que ten como prioridade impartir una formación concreta dirixida á especialización dos alumnos que, cos seus estudos de conservatorio xa finalizados ou cun acreditado dominio instrumental, teñan vocación de se converter en profesionais.

Os alumnos son seleccionados cada ano a través dunha convocatoria de audicións para cubrir as prazas vacantes nas doc e especialidades impartidas, sempre en función das proporcións orquestrais.

A graduación na Escola supón a superación de dous cursos lectivos, prorrogables a tres de xeito excepcional. Durante este período, os estudantes asisten a sesións individuais, de música de cámara, de práctica orquestral e a clases teóricas, ademais de participar en diferentes sesións maxistrais e encontros a cargo de profesionais de prestixio en áreas tales como a pedagoxía do instrumentos, a música do século XX, técnicas de relaxación, concentración e actuación, que poden abrirse a músicos e estudantes alleos ao centro a criterio da Comisión Técnica.

Este programa formativo contempla igualmente a celebración de concertos públicos protagonizados polos alumnos, ben como intérpretes solistas, ben en conxuntos de cámara ou como membros da Orquestra da Escola de Altos Estudos Musicais. Neste sentido, a consolidación desta orquestra de alumnos é unha das apostas do centro, a través do deseño dun programa de xiras e concertos baixo a batuta de recoñecidos directores, que previamente realizan un importante traballo cos estudantes nas sesións de práctica orquestral.

A Escola dispón dunha lista de espera conformada por aqueles músicos que, sen obteren praza como alumnos activos, demostraron un bo nivel nas audicións. Os integrantes da lista poden ser chamados para cubrir posibles vacantes, ademais de estar convidados a participar como alumnos oíntes en todas actividades organizadas polo centro, que amplía así o seu labor educativo.

Sección de Formación permanente

A súa prioridade é completar e actualizar os coñecementos dos profesionais da música, así como realizar un labor de promoción e difusión para favorecer a comprensión musical a todos os niveis. O seu traballo materialízase na organización de diferentes encontros e cursos concretos, dirixidos tanto a estudantes como a profesionais.
Fotografía na que pode verse unha clase da Escola de Altos Estudos Musicais, na que varios alumnos están a tocar o violín.

Alumnos da EAEM, nunha das súas clases


Novas

Roberto Varela con Muriel Sánchez e Luis Tosar

A MONTAXE ESTARÁ DÚAS SEMANAS NO TEATRO FERNÁN GÓMEZ, ONDE INICIA A XIRA NACIONAL E ESTREA A VERSIÓN EN CASTELÁ

Roberto Varela presenta en Madrid 'A ópera dos tres reás' como "un exemplo do bo traballo que se está a facer nas artes escénicas de Galicia" Documento anexo

[19/07/2011] O conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela, presentou esta mañá no Teatro Fernán Gómez de Madrid o primeiro gran espectáculo do Centro Dramático Galego (CDG), ĎA ópera dos tres reásí, producida co patrocinio de Novacaixagalicia, Fundación Cidade da Cultura e Fundación Gaiás-Cidade da Cultura e inserida nas programacións do Ano da Música e de Galicia Classics. O conselleiro destacou na súa intervención como ĎA ópera dos tres reásí, que conta con Quico Cadaval na dirección escénica, Diego García Rodríguez na musical e Luis Tosar como protagonista, "é, sen dúbida, unha aposta importante para a cultura galega e exemplifica o bo traballo que se fixo nas artes escénicas da nosa Comunidade nos últimos anos".


JUAN CARLOS F. FASERO REUNIUSE COA DIREC TIVA DA ASOCIACIÓN NOMEADA O PASADO DÍA 12 DE XULLO

O director da Agadic confirma a Escena Galega a celebración da próxima feira de teatro e danza baixo un novo modelo organizativo e de xestión

[15/07/2011] O director da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), Juan Carlos F. Fasero, reuniuse hoxe cos membros da nova directiva da asociación Escena Galega, aos que confirmou a intención da entidade da Consellería de Cultura e Turismo de celebrar a próxima edición dunha feira de teatro e danza baixo un novo modelo organizativo e de xestión que resposte ás necesidades reais de difusión dos espectáculos producidos en Galicia.


AGADIC E CONSELLO DA CULTURA GALEGA PATROCINAN A REALIZACIÓN DE 4 FUNCIÓNS DO ESPECTÁCULO CREADO A PARTIR DO LIBRO DE NEIRA VILAS

Galicia participa por vez primeira no FESTLIP de Río de Xaneiro con "Memoria das memorias dun neno labrego" de Cándido Pazó

[14/07/2011] A escena galega amosarase por vez primeira no Festival de Teatro en Língua Portuguesa (FESTLIP) de Río de Xaneiro mediante 4 funcións do espectáculo Memoria das memorias dun neno labrego, un monólogo escénico-narrativo co que Cándido Pazó rende homenaxe ao libro de Xosé Neira Vilas no 50 aniversario da súa primeira publicación. A Agadic (Axencia Galega das Industrias Culturais) da Consellería de Cultura e Turismo e o Consello da Cultura Galega (CCG) copatrocinan a presenza da compañía Abrapalabra Creacións Escénicas con esta montaxe na cuarta edición deste importante encontro tearal que se desenvolve do 20 ao 30 de xullo na cidade brasileira.


A Agadic coedita os catro títulos que obtiveron os premios Álvaro Cunqueiro, Manuel María e Barriga Verde 2010
A Agadic ofrece formación en web 2.0 e redes sociais a profesionais das industrias culturais galegas Documento anexo
O CDG chega a Pontevedra co espectáculo de teatro musical 'A ópera dos tres reás' Documento anexo
O CCG ofrece tres cursos con Toni Aparisi, Paula de Castro e Hervé Ilari, e Julio César Iglesias
Os programas de verán da Consellería de Cultura esténdense a 200 concellos cun total de 627 actuacións Documento anexo
O Centro Dramático Galego inicia en Ferrol a xira de 'A ópera dos tres reás' Documento anexo
Máis de 2.500 persoas visitaron na Casa da Parra de Santiago a exposición do centenario de Álvaro Cunqueiro 'No niño novo do vento'
Dez creadores de cinco países clausuran en Galicia o Tour de Europa de Coreógrafos Documento anexo
O Auditorio de Galicia encherase na estrea de 'A ópera dos tres reás' do CDG Documento anexo
O Ano da Música de Galicia chega a Madrid con Uxía, Cristina Pato & Rosa Cedrón, Banda Crebinsky, Ialma, e Mercedes Peón Documento anexo
'A ópera dos tres reás' estréase como o primeiro gran espectáculo musical do Centro Dramático Galego Documento anexo
Un total de 23 obras optan ao Premio Álvaro Cunqueiro para textos teatrais no seu vixésimo aniversario
A Agadic pecha o programa CREATIVA cun balance de máis de 50 accións de encontro cultural entre Galicia e o Norte de Portugal Documento anexo
A Agadic e a Addict portuguesa impulsarán os contactos empresariais entre as industrias creativas da eurorrexión Documento anexo
Roberto Varela presenta "3DTres", do CCG, como a suma de talentos ao servizo dun espectáculo de "primeira magnitude" Documento anexo
Roberto Varela invita aos galegos a "que se deixen encantar" cos poemas de Cunqueiro a través da música e voz de Amancio Prada
O Centro Dramático Galego pon á venda as entradas para as funcións de "A ópera dos tres reás" en Santiago Documento anexo
A representación galega no Mercado de Industrias Culturais Arxentinas (MICA) reúnese en Bos Aires co delegado da Xunta Documento anexo
Ángel Corella ofrece mañá unha clase maxistral para 30 alumnos no Centro Coreográfico Galego Documento anexo
Xosé Manuel Budiño pecha en San Simón as Master Class de Música Tradicional da Agadic cun curso sobre a gaita en escena Documento anexo
Un total de 11 empresas galegas participarán nas roldas de negocios do Mercado de Industrias Culturais Arxentinas (MICA) Documento anexo
Á venda as entradas para o recital de Amancio Prada "Camelias para Cunqueiro" o 10 de xuño no Salón Teatro Documento anexo
A Agadic programa máis de 560 funcións e concertos en 163 concellos a través de "Camiños de Cultura 2011" Documento anexo
A Agadic destina un total de 2,9 millóns de euros ás axudas 2011 para produción e coprodución de longametraxes en galego Documento anexo
O Salón Teatro pecha a temporada de exhibición 2010-2011 co espectáculo "Medea llama por cobrar", da compañía de Ecuador Zero no Zero
Os concertos de Colectivooruga e Eladio y Los Seres Queridos abriron o Primavera Sound 2011 ao potencial da música galega Documento anexo
A Agadic convoca as axudas ás industrias culturais 2011 por un importe total de 1.370.000 euros Documento anexo
A Casa da Parra acolle a exposición "No niño novo do vento", que conmemora o centenario de Cunqueiro Documento anexo
A revista Ao Vivo Música dedica a portada do seu novo número ao décimo quinto aniversario de Berrogüetto Documento anexo
Os grupos galegos protagonizarán unha decena de concertos e accións promocionais no Primavera Sound Documento anexo
O Salón Teatro acolle a exposición "Contrapontos visuais" e o monólogo "Medea llama por cobrar" como extensión do FITEI
O espectáculo "Mundo Lois", dedicado ao poeta Lois Pereiro, recala no Salón Teatro de Santiago o Día das Letras Galegas Documento anexo
A compañía compostelá Redrum estrea no Salón Teatro "Moito Conto", unha comedia musical para público familiar Documento anexo
O Centro Coreográfico estreará o espectáculo "3Dtres" o próximo 11 de xuño no Teatro Colón da Coruña
A Agadic organiza un novo ciclo das "Master Class de Música Tradicional" dedicado ao violín, ao caixón flamenco e á gaita Documento anexo
Fasero destaca a celebración do Ano da Música como "necesidade estratéxica" para artistas e creadores
Ángel Corella impartirá o 4 de xuño unha clase maxistral de danza clásica no Centro Coreográfico Documento anexo
Agadic patrocina unha mesa de debate sobre proxectos e perspectivas do deseño industrial e gráfico galego Documento anexo
A Rede Galega de Música ao Vivo acolle as xiras de Pablo Costas e Gustavo Almeida como gañadores de "Vas Sacar Nota" Documento anexo
Espello Cóncavo escenifica no Salón Teatro a peza "Limpeza de sangue", escrita por Rubén Ruibal Documento anexo
O acto de entrega do V Premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico abre a carteleira de maio do Salón Teatro Documento anexo
A Mostra de Danza pecha a súa primeira edición con 10 propostas tradicionais, contemporáneas e de integración Documento anexo
Duncan Chisholm e Sebastián Rubio imparten en San Simón senllos cursos sobre violín escocés e caixón flamenco Documento anexo
A I Mostra de Danza de Galicia ofrece máis de 20 horas de exhibición coa participación de 200 artistas Documento anexo
O mimo Thomas Leabhart imparte dous cursos nos que participan 25 profesionais da escena galega Documento anexo
A I Mostra de Danza de Galicia difundirá as propostas coreográficas de 37 compañías de todos os estilos
O CDG seleccionou os seis músicos que interpretarán en directo a partitura de "A ópera dos tres reás" Documento anexo
A Agadic pon en marcha o circuíto Galicia é Música, que ofrecerá un centenar de concertos nos concellos durante o verán
A Agadic patrocina a nova edición da Liga Galega de Bandas de Gaitas, que arrinca o sábado en Pontevedra Documento anexo
Marián Bañobre interpreta no Salón Teatro "A Filla de Woody Allen" coa compañía Santiago Cortegoso Documento anexo
O jazz de Xacobe Martínez Antelo Cuarteto soará mañá no Salón Teatro dentro do ciclo de concertos "ST Música Presente" Documento anexo
A Consellería de Cultura patrocina con 90.000 euros a gala dos Premios Mestre Mateo e as súas actividades de promoción Documento anexo
O humor de Carlos Blanco chega ao Salón Teatro de Santiago co espectáculo escénico-musical "Ordem e Progresso"
O Centro Dramático Galego abre con "Salomé, os sete veos" unha nova colección editorial como testemuño gráfico dos seus espectáculos
A música emerxente galega preséntase no Primavera Sound a través dos showcases de seis bandas Documento anexo
O autor ourensán Xosé Manuel Pacho Blanco gaña o V Premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico coa obra "Paraísos"
O CDG inicia os ensaios do musical "A ópera dos tres reás" ás ordes de Quico Cadaval e con Luis Tosar como protagonista
A Agadic abre o seu programa anual de axudas ao sector audiovisual coas convocatorias para curtametraxes e desenvolvemento de proxectos
A Agadic e a editora Dos Acordes publican a segunda entrega da colección "Pel & Madeira" con partituras e audios de 30 pezas tradicionais Documento anexo
Roberto Varela presenta o Ano da Música de Galicia con máis de mil actos e seis millóns de euros de investimento Documento anexo
A Agadic lidera a candidatura do proxecto europeo "Garage Project" que implica entidades de 14 países Documento anexo
O Premio Álvaro Cunqueiro chega á súa vixésima edición coa convocatoria 2011 publicada pola Agadic Documento anexo